Ribadeo, 8 de febreiro de 2016.- O hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, clausura este martes, día 9, as Xornadas do Cocido Tradicional, aínda que ofrece a posibilidade de continuar degustando este prato tan propio destas datas pero previo encargo.
O Cabazo continuará coas actividades programadas para este mes de febreiro coa celebración do San Valentín, para o que prepara un menú especial que poderá degustarse os días 13 e 14, sábado e domingo. Este menú estará composto polo aperitivo dúo de corazóns, filloas recheas de marisco regadas con crema de nécoras, solombro de porco ibérico albardado con atadiño de verduras e, de sobremesa, tarta de fresas e chocolate. Estes pratos estarán acompañados por viño branco ribeiro Señorío de Beade ou tinto mencía Alma e licores da terra. O prezo deste menú especial San Valentín é de 50 euros por parella.
O Cabazo tamén ofrece unha promoción que, ademais da cea, inclúe pernoctar en habitación dobre con almorzo por 100 euros parella. Todos os clientes que degusten o menú especial San Valentín entrarán no sorteo dunha noite na suite do hotel O Cabazo con botella de cava e almorzo incluídos.
Para participar en todas estas iniciativas organizadas polo hotel restaurante O Cabazo, de Ribadeo, as reservas poden realizarse no propio establecemento ou chamando ao teléfono 982.128.517.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



