NOTA DE PRENSA
Os populares afirman que Burela perderá vintecinco millóns de pesetas en 2010 das aportacións do Estado.
O GMPP solicita que Zapatero manteña as mesmas aportacións para os concellos para manter servicios.
O GMPP de Burela solicita do Concello de Burela que se reclame ó Goberno socialista de Zapatero que atenda as peticións da Federación Española de Municipios e Provincias e acepte as modificacións propostas para os Presupostos Xerais do Estado de 2010, entre as que destaca a de manter todas as partidas e conceptos orzamentarios que sempre se destinaron ás Entidades Locais, sen recortes nin supresión algunha.
Esta petición vai incluida na moción presentada polos populares bureleses na que se solicita que se paralice a subida de impostos que pretende Zapatero para 2010.
Os populares lembran que Burela está recibindo este ano 2009 un total aproximado de dez millóns de pesetas, sesenta mil euros, menos do Estado con respecto a 2008. De seguir así, en 2010 Burela podería recibir, na mellor das previsións, vintecinco millóns de pesetas, cento cincuenta mil euros menos ca en 2008 das aportacións directas do Estado, o que poñería á economía do concello burelés en situación mui delicada. E todo elo debido ós errores de cálculo dos socialistas e á ausencia de decisión á hora de resolver a financiación dos concellos, cando en 2010 a Xunta de Núñez Feijoo aportará alomenos a mesma cantidade ós concellos ca no presente ano 2009, o que é unha clara mostra da diferente forma de gobernar e de defender ós cidadáns que tén Núñez Feijoo con respecto a Zapatero.


















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



