Lugo, 16 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo Elena Candia incorporará á Xunta Directiva do partido ao cervense Juan Antonio Gallego Prieto (Toño Gallego).
A candidatura que encabezan a rexedora de Mondoñedo e Ramón Carballo seguen sumando ao seu equipo a militantes de base e compañeiros con experiencia que apuntalarán o seu proxecto e fortalecerán o partido na provincia.
A ex presidenta da Deputación de Lugo aposta por un partido “aberto á cidadanía na que a voz de cada afiliado conte”.
Perfiles
Juan Antonio Gallego Prieto é veciño de Cervo, ten 35 anos e milita no Partido Popular desde 1998, coincidindo co inicio de súa etapa universitaria. Licenciado en dereito e avogado colexiado, conta coas especialidades de xestión de recursos humanos, prevención de riscos laborais e orientación cara o emprego. Na actualidade exerce de asesor no Gabinete de Presidencia do Parlamento de Galicia, posto ao que accedeu en 2009 cando o PP gañou as eleccións autonómicas.
Afiliado de base, participou activamente nas Novas Xeracións do Partido Popular e en diversos colectivos sociais, culturais e relixiosos.
Na actualidade está designado polo Comité Organizador como un dos redactores do Comunicado “Política Social Unha Prioridade na Nosa Provincia” onde se marcarán as directrices políticas básicas do Partido Popular de Lugo nese ámbito co fin de enriquecer o pensamento político da organización e definir a estratexia e oferta electoral do Partido. Na súa etapa profesional traballou como orientador de emprego e axente de desenvolvemento local.


















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



