Tralas primeiras confirmacións da terceira edición do Osa do Mar, chega a quenda dunha nova dose de novidades.
C. Tangana e Mujeres incorpóranse ao cartel do festival de Burela xunto aos xa confirmados Cuello e Joe Crepúsculo.
C. Tangana: tralo seu disco de debú (C. Tangana, 2011) e LOVE’S, publicado no ano 2012, o compoñente do grupo madrileño Agorazein deleitará ao público da Mariña cun directo con moi boas críticas no panorama nacional.
Mujeres: o grupo barcelonés, composto por Yago Alcover, Martí Gallén, Aitor Bigas e Pol Rodellar, defínese a si mesmo como “un grupo de catro tipos con instrumentos que fai música vella con zapatos novos”. É dicir: a clase de espírito desenfadado que lle gusta ao público do Osa do Mar.
A terceira edición terá lugar os días 19 e 20 de agosto de 2016 no recinto habitual e repetiranse as actividades de éxito repartidas ao longo do pobo, como a famosa ‘sesión Bearmú’.
Proximamente levaranse a cabo novas promocións respecto ás entradas anticipadas.
*Foto: Andrés Alcázar.