Lugo, 18 de febreiro de 2016.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) organizan unhas xornadas informativas dirixidas principalmente a todos os concellos co motivo da próxima entrada en vigor da nova Lei do Solo. O obxectivo é dar conta das principais novidades do texto normativo, responder ás posibles dúbidas que xurdan ao respecto e asesoralos para que avancen na redacción dos plans xerais.
A secretaria xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, participou na mañá deste xoves en Lugo nesta rolda de encontros, dirixidos principalmente a responsables de urbanismo da administración local, así como doutras entidades.
Encarnación Rivas fixo unha chamada especial á protección e a ordenación do territorio aos asistentes, tendo en conta que foi unha lei na que se contou coa participación de todas e da que se aceptaron un 80% das propostas presentadas. No encontro tamén se abordaron as diferenzas máis importantes entre a nova Lei do solo e a normativa anterior, e nas ferramentas que a nova normativa recolle para facer da tramitación dun plan xeral un camiño práctico, sinxelo e coa menor tramitación administrativa.
Tal e como suxeriron os concellos, a norma inclúe como requisito para a implantación dos plans de ordenación básicos a necesidade dun informe vinculante das entidades locais. De feito, a nova Lei do Solo incorporou a necesidade de que os concellos implicados na elaboración, ben do plan básico autonómico ou ben dos plans básicos municipais –que a Xunta elaborará para os municipios cunha poboación inferior a 5.000 habitantes que carezan de planeamento municipal- emitan un informe determinante no trámite de información pública dos plans.
Outro dos aspectos incorporados á nova Lei do Solo ten que ver coa ampliación das edificacións tradicionais (as de máis de 40 anos) existentes en núcleo rural ata nun 50%, aumentando así unha posibilidade restrinxida na LOUGA ao solo rústico. En concreto a lei permitirá a rehabilitación, reconstrución e por razóns xustificadas a ampliación ata o 50% sempre que non se desvirtúe a tipoloxía e se adapte á contorna preexistente e se destine a usos residenciais, terciarios, produtivos, actividades turísticas, artesanais, pequenos talleres e equipamentos.
A secretaria de Urbanismo destacou que a nova Lei do solo é a primeira da historia de Galicia co seu propio regulamento integral, xa que inclúe a xestión, planeamento e disciplina, o que facilitará o traballo de redacción dos técnicos. Explicou que se trata dun regulamento que está redactado por persoal técnico da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e que na actualidade está moi avanzado, polo que a previsión é aprobalo inicialmente nas próximas semanas co fin de que entre en vigor este mesmo ano.
Os próximos encontros terán lugar o 22 de febreiro en Pontevedra e o 24 en Ourense. Todas as xornadas comezan ás 10.30 horas.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



