O 27 de febreiro AGACA organiza a Xornada sobre Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, en Valadouro. Será a primeira das 6 xornadas, coa mesma temática, que se desenvolverán nas provincias de Pontevedra e Ourense.
Expertos en rendibilidade, xestión e innovación no eido forestal explicarán cómo identificar e potenciar os recursos dos montes en man común para os veciños.
En Galicia existen 2.835 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC), que controlan preto dun terzo dos 2 millóns de has de monte galego. Tradicionalmente, estes terreos empregáronse para produción madeireira que, xunto coa instalación de parques eólicos, é unha das principais actividades xestionadas polas CMVMC.
Este ciclo de Xornadas pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.
Xornada en O Valadouro
O seminario, orientado a persoal especializado na xestión de montes veciñais e de man común (MVMC), contará con 6 relatorios que se centrarán tanto en aspectos administrativos e de identificación de potenciais como en exemplos concretos de aproveitamento exitoso dos terreos forestais en man común.
Dentro dos aspectos relacionados coa xestión forestal, Calixto Escariz, experto e asesor de comunidades de montes, explicará posibilidades de uso do monte das comunidades de MVMC nas Zonas Rede Natura; no que respecta á xestión cooperativa dos recursos ociosos dos MVMC, será Higinio Mougán, director-xerente de AGACA, quen expoña a cuestión.
En canto a innovación, Manuel Eirín, director xerente da empresa Gaélica Solar, afondará en xeitos de lograr a eficiencia enerxética e na identificación de iniciativas innovadoras no medio rural.
Casos de éxito
A Xornada concluirá mostrando tres iniciativas de uso rendible dos MVMC: en canto a usos relacionados con animais, o presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes explicará a xestión do monte para pastoreo e exporase tamén a experiencia da CMVMC de Carballo na crianza de porco celta, xunto coa produción de cogomelos e mel. Tamén centrada na produción, pero de castaña, será a charla ofrecida pola Cooperativa Amarelante, de Manzaneda.
A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.
Lugar: Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro, Rúa da Deputación, nº 6.
Data e hora: sábado 27 de febreiro de 09.30 a 14.20 horas.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



