Ribadeo, 18 de febreiro de 2016.- O Concello felicita aos ribadenses premiados no concurso de Poesía no Nadal na súa fase provincial.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, felicita aos gañadores Darío López Sanjurjo de seis anos que levou o segundo premio na categoría A, Julia Rodríguez Menéndez de once anos que recibiu o primeiro premio na categoría B e a Alicia Asensio Bande de trece anos que levou o segundo premio na categoría C na que tamén recibiu un áccesit Daniel Pérez Vargas de quince anos.
O edil nacionalista manifestou que “os lectores e lectoras da Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, os pais e amigos destes rapaces e rapazas e todos os ribadenses, homes e mulleres, que nos gusta a lectura estamos de festa”. Farruco Graña subliñou que “a inquedanza creativa dos nosos nenos e nenas ve o seu premio. O esforzo del día a día ler un chisquiño, un libro a semana, un libro ao mes, sempre que se poida ter unhas páxinas cunhas letras por enriba para poder gozar do pracer da lectura, ese pracer ten premio”.
Finalmente o concelleiro sinalou “para a toda a colectividade desde o Concello de Ribadeo felicitamos a Darío, Julia, Alicia e Daniel e animámolos a eles e a todos os seus compañeiros e compañeiras de escola a seguir co afán pola lectura. Máis libros, máis libres, máis persoas mellor formadas”.
























López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



