Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2016.- O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga Outeiro, ven de ser nomeado vogal do Consello de Administración de Portos de Galicia polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, segundo información publicada no DOG deste xoves 18 de febreiro, e cuxo texto se reproduce a continuación:
DECRETO 14/2016, do 4 de febreiro, polo que se dispón o nomeamento dun vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
O Consello de Administración é o órgano superior colexiado de dirección do ente público Portos de Galicia, tal e como se dispón no artigo 10 do regulamento do ente aprobado polo Decreto 227/1995, do 20 de xullo. No citado artigo sinálase a composición do Consello de Administración, así como a forma de nomeamento e cesamento dos seus vogais, todos eles nomeados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do presidente do ente público Portos de Galicia, agás os representantes da Administración autonómica que, de conformidade co artigo 10.3 do regulamento, serán nomeados por proposta das persoas titulares das consellerías con representación no Consello de Administración.
O artigo 10 do regulamento no seu número 5 sinala que os vogais representantes das administracións locais serán nomeados polo Consello da Xunta de Galicia, por proposta do presidente do ente público, e corresponderá un a cada provincia costeira. A proposta ao presidente efectuarase mediante acordo adoptado por maioría simple entre os concellos que teñan no seu territorio algún porto integrado no ente público, propoñendo un vogal ou unha terna de vogais no conxunto dos concellos que pertencen a cada unha das provincias costeiras. Así mesmo, o citado artigo 10 dispón no seu número 8 que os vogais representantes das administracións locais, agás as causas de cesamento que nel se consignan, desempeñarán o seu cargo durante catro anos e o número 10 do mesmo artigo indica que os ditos vogais se renovarán por metades cada dous anos e poderán ser reelixidos unha soa vez ao finalizaren o seu mandato.
En consecuencia, vistas as propostas de cesamento e nomeamento precisas para a renovación dun vogal representante das administracións locais pola provincia de Lugo, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de febreiro de dous mil dezaseis,
DISPOÑO:
Artigo único
O nomeamento de Antonio Veiga Outeiro como vogal do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, en representación das administracións locais pola provincia de Lugo.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



