Burela, 19 de febreiro 2016.- Están á venda ás entradas para o musical El Mago de Oz, que se presentará en Burela o vindeiro día 27.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, recorda que “desde hace unos días tenemos ya a la venta las entradas para el próximo musical destinado sobre todo al público infantil, aunque es para el público familiar que es El Mago de Oz. Díaz lembra que “este musical lleva ya siete años en cartel en Madrid con mucho éxito de taquilla y también de crítica y creo que es un lujo que lo tengamos en Burela”. O edil socialista convida “a toda la gente no sólo de Burela sino de todos los concellos vecinos a que se acerquen a este musical porque además creo que es un precio muy asequible, 8 euros la entrada anticipada”.
José Díaz espera “intentar llenar el Auditorio para mostrar ese gusto de la gente de aquí, que tenemos menos acceso a este tipo de espectáculos, pero que cuando los tenemos asistimos como ya se demostró en los que tuvimos antes”.
El Mago de Oz presentarase na Casa da Cultura de Burela o vindeiro día 27 ás cinco e media da tarde. O prezo das entradas é de 8 euros na venda anticipada.
Aberta a inscrición para o taller de teatro para nenos
A Concellería de Cultura de Burela tamén ten aberto o prazo de inscrición para participar no Taller de Teatro para nenos que comezará o 7 de marzo. José Díaz indica que “empezamos la inscripción para un taller de teatro para niños de entre 3 y 6 años, que se desarrollará todos los lunes desde el 7 de marzo hasta el 23 de mayo, que coincide con los primeros días de las Fiestas de Burela con lo que intentaremos que estrenen una pequeña obra”.
O concelleiro de Cultura engade que “esta es una idea que surgió de madres del Colegio Vista Alegre que me pareció muy buena porque no es que vayamos a crear actores de teatro en tres meses, pero sí aficionar a los niños al teatro”. José Díaz comenta que “es un taller que va a ser enfocado como juego no es un tema tan didáctico de colegio sino más de jugar a improvisar, a jugar con la música, con sus cuerpos a imitar objetos o personas. Todo esto puede ir unido con música y al final dar un espectáculo bonito”.
Os interesados poden informarse na Casa da Xuventude de Burela ou chamando ao teléfono 982 58 11 41. Este taller ten un máximo de catorce prazas e será impartido polo director do grupo de teatro O Torques, Juan Vilariño, e por Matías Nicieza.





















Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".



