Lugo, 20 de febreiro de 2016.- A candidata á presidencia do Partido Popular de Lugo Elena Candia logra o aval do 80% da Xunta Directiva, conformada por cargos públicos, alcaldes, portavoces e destacados militantes da provincia. A candidatura da Deputación xa contou, na primeira parte do proceso, co dobre de sinaturas dos militantes que a outra candidata. En concreto, 1450 apoios dos militantes do partido fronte a 690.
A Xunta Directiva está composta por 140 persoas a día de hoxe, dos que máis dun 80% teñen firmado o aval de Elena Candia. Ademais, todos os seus membros son compromisarios natos na cita congresual, o que a sitúa á alcaldesa de Mondoñedo nunha posición destacada no proceso que culminará o vindeiro día 6 de marzo.
Elena Candia segue sumando apoios que, de xeito transparente, vai dando a coñecer, posto que o seu non é un proxecto personalista senón o dun conxunto de persoas comprometidas co PP de Lugo e dispostas a traballar por mellorar o funcionamento do partido.
A ex presidenta da Deputación afirma que entre a militancia se ten constatado unha gran acollida das incorporacións de destacados profesionais do ámbito sectorial que ata o de agora non formaban parte dos órganos de toma de decisión do partido e que, a bo seguro, achegarán novas ideas e enriquecerán el proxecto, incorporacións que marcan a diferencia da candidatura que encabezan Candia e Carballo.
Por todo o anterior, Elena Candia subliña que o proxecto que encabeza, xunto con Ramón Carballo, “parécenos o máis pegado ao partido e o que mellor entende as sensibilidades que nos están trasladando os afiliados nas reunións que mantemos con eles”.