Viveiro, 20 de febreiro de 2016.- O Seminario de Estudos Terra de Viveiro publica as conclusións da tertulia sobre o envellecemento poboacional.
Organiza: Seminario Estudos Terra de Viveiro
Lugar e hora: salón de actos do Centro Social de Abanca en Viveiro, venres 19 de febreiro ás 19.30.
Participantes:
* Dña. Cristina Goás. Traballadora Social. Coordinadora do Centro.
* D. José María Rodríguez. Profesor. Investigador. Activista na plataforma cidadá de Ribadeo, prol Residencia de Maiores.
*D. Pedro Gordo. Médico. Ex Xefe do Servizo de Medicina Interna do Hospital Dá Costa do SERGAS.
* D. Pablo Mosquera. Médico. Ex Profesor de Saúde Pública da Universidade Pública Vasca.
Trasladamos á sociedade as seguintes conclusións
1. O envellecemento poboacional é imparable. Unha cuestión de Estado. Un problema demográfico que impregna a todas as políticas a deseñar polas Institucións Públicas do Estado das Autonomías e desde a responsabilidade e xestión Municipal.
2. Que Galicia separe a xestión da Asistencia Sanitaria dos Servizos Sociais, foi un erro que impacta sobre o funcionamento eficiente do denominado espazo SOCIO SANITARIO.
3. Grazas á solidariedade interxeracional, unha parte moi importante da crise ocasionada polo fracaso do modelo económico e laboral foi paliada pola actitude e o sacrificio do cohorte poblacional conformado polos pensionistas.
4. Rexeitamos, por obsoletos, tanto o termo terceira idade, como as vellas fronteiras demográficas da vellez. Un é vello na medida que perde a súa autoestima, a súa independencia e a súa capacidade para exercer os dereitos sociais que son propios da cidadanía.
5. Á medicina non lle quedou máis remedio que adaptarse ao envellecemento pobacional, xa que cada vez son máis os usuarios do Servizo Nacional de Saúde que demandan coidados habendo cumprido os 85 anos de idade.
6. Os dous grandes problemas do envellecemento pobacional son: A relación entre activos e pasivos no mecanismo financeiro da Seguridade Social, que pon en dúbida a sostenibilidad do sistema e a súa capacidade para, nun futuro moi próximo, atender os seus compromisos en materia de pensións. A cada vez máis elevada cifra de cidadáns dependentes, que requiren de axudas, coidados e prestaciones no seo da sociedade á que pertencen e no marco natural das familias.
7. Os recortes no gasto socio sanitario son un erro, unha inxustiza e unha falta de visión socio económica, xa que non só se trata de atender un dereito Constitucional, é que as xeracións maiores xa han cotizado para ser atendidas con dignidade; ao mesmo tempo que o espazo socio sanitario debe ser un nicho de empregos estables con salarios dignos, no sector terciario da economía.
8. A democracia é moito máis que poder votar cada catro anos. É participar. Por iso revelámosnos/revelámonos contra a imposición aos nosos maiores de toda sorte de dicterios. Especialmente, o que significa a súa desatención, desarraigamento e abandono á súa sorte.
9. Polo que antecede, defendemos unha rede pública de equipamientos e servizos socio sanitarios, integrados no SERGAS, con xestión próxima ás residencias naturais dos nosos maiores, pero buscando e priorizando o mantemento dos nosos maiores no seu medio territorial e social.
10. Ser maior e xubilado é unha segunda oportunidade. Para gozar da sociedade do coñecemento, do ciber espazo, do patrimonio histórico, cultural, relixioso e ecolóxico do noso país. Trátase de dar vida aos anos. Trátase de ser maior sen perder a capacidade de ser e estar como cidadán activo no século XXI e os seus avances.




















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



