Ribadeo, 23 de febreiro de 2016. O Concello renderalle homenaxe a Rosalía de Castro cun recital poético, cunha representación teatral e con música. Na organización desta actividades colabora a asociación cultural Francisco Lanza.
O edil de Cultura, Farruco Graña, contou que “este mércores, 24 de febreiro, celebramos o 179 aniversario do nacemento da nosa poeta máis universal, Rosalía de Castro. Ao longo desta semana, celebraremos varios actos para conmemorar dito aniversario. E imos comezar cun recital poético a cargo de Xavier R. Baixeras, dedicado a Rosalía: Lecturas rosalianas. Será na Casa das Letras, o 25 de febreiro, ás 20:30 horas. Tal e como xa temos gozado moitas veces da literatura da man do Clube de Lectura da A. C. Francisco Lanza, e tamén dos versos de Rosalía, da man do noso poeta e amigo Xavier, nesta ocasión, unha vez máis, a Casa das Letras vai dar acollida aos versos da poeta do Sar”.
O concelleiro nacionalista explicou que “xa o sábado 27, ás 20.30 horas, no Cine Teatro imos poder ver unha pequena peza teatral a cargo do Grupo de Teatro da A. C. Vagalumes (da Estrada), dedicada a Rosalía. Leva por título Daquelas que cantan. Nestes tempos nos que semella que nada novo hai embaixo do ceo, que mellor maneira de buscarmos novos sentimentos a través da arte feita palabra verso a verso. Da man de Vagalumes imos trasladar ata os nosos días a obra e o espírito rosaliano. Tamén presentaremos o manifesto da AELG con motivo do Día de Rosalía, e despois escoitaremos ao grupo Puntada sen fío, que coa súa música revivirá a figura de Rosalía”.
Na organización deste acto do sábado 27 colabora a A. C. Francisco Lanza, “que xa en varias ocasións realizou diversos actos de enxalzamento de Rosalía de Castro. Especialmente lembramos as Palabras no balcón dedicadas á Rosalía e o recital poético no que participamos as xentes de Ribadeo de toda condición orgullosos e orgullosas das verbas que trazan os versos da obra rosaliana”, engadiu Farruco Graña.






















Subliñou tamén a unión veciñal arredor desta cita gastronómica, que comparte protagonismo con outras festas da contorna. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, incluído nun programa que reúne artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, terá lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



