Burela, 23 de febreiro de 2016.- O Concello pretende abrir a nova escola infantil para o vindeiro mes de setembro. O alcalde, Alfredo Llano, mantivo na mañá deste martes un encontro en Santiago co xerente do Consorcio Galego da Igualdade e do Benestar, Perfecto Rodríguez, para tratar este tema.
O rexedor manifestou que “esta foi unha primeira charla doutras que imos continuar en breve tempo seguramente, dado que o que pretendemos tanto o Consorcio como o Concello de Burela é abrir a escola infantil o antes posible. Imos poñer unha data de referencia que pode ser o vindeiro mes de setembro, si podemos e acometemos todas as obras que fan falta e quedan por facer”. O alcalde dixo que “en maio temos que sabelo porque hai que abrir a matrícula nese mes”.
Alfredo Llano explicou que “basicamente estivemos falando do que está feito agora mesmo na escola infantil, como é o caso do edificio que vai acoller aos nenos que está máis ou menos rematado aínda que falta dotalo. Esa dotación non é pequena, xa que hai que poñer o que se necesita nas cociñas e nas aulas, aínda que iso non é o que máis tempo leva”.
O alcalde declarou que “falta por conectar a luz e conectar as augas residuais e pluviais á canalización xeral. Tamén hai que facer unha obra que para min é importantísima que é a escollera do patio, xa que hai que alinear o patio onde van xogar os nenos ademais de axardinar. E despois outra cousa que me parece fundamental é o valado perimetral da escola infantil e establecer qué tipo de construción se vai facer.”
Llano considera que “quedan unha serie de obras que son necesarias e urxentes porque de non ser así non se podería abrir a escola”. Nesa xuntanza decidiuse que “van vir a Burela dous técnicos do Consorcio que estiveron na reunión desta mañá, pasarán por aquí no prazo dunhas dúas semanas como máximo para determinar qué o que hai que facer no exterior da escola e tamén no interior algunha cousa como a electricidade e outras conexións”. O alcalde engadiu que “imos ver o que fai falta para rematar a obra e qué partida falta por poñer. Hai un convenio, pero xa se rematou e agora estas obras son importantes e teñen un valor que hai que determinar e calcular porque ao Concello seríalle difícil asumir de forma completa.” O rexedor confía en que “imos chegar a un acordo seguramente co Consorcio unha vez valoradas economicamente as obras que faltan e ímonos volver reunir co xerente para ver ata onde podemos chegar. Habería que chegar a un acordo que sufrague os gastos desas obras que non estaban conveniadas”.
Finalmente o rexedor sinalou: “eu penso que hai boa determinación e temos os dous a mesma convicción de poder abrir canto antes a escola infantil de Burela, pero ao mesmo tempo tamén queremos chegar a acordos para sufragar os gastos e saber qué aportamos nosoutros e qué aportan eles. Penso que non vai ser ese o problema dado que tivemos unha conversa na que o obxectivo é abrir esa instalación e chegar a acordos que tanto o Concello como o Consorcio poidan asumir perfectamente, e que sexan polo ben dos veciños de Burela para rematar o antes posible a escola infantil que xa nos viña tardando”. Alfredo Llano lamentou que “é unha pena que non se tivera feito antes esta reunión e non tiveramos avanzado xa, porque penso que tal e como se levou a conversa foi moi frutífera e positiva.” O alcalde asegurou que “xa estamos de novo en camiño e imos tratar de facer as cousas ben a partir de agora xa dunha forma definitiva e clara e a ver se a partir de setembro se dera lugar para poder abrir a nova escola infantil de Burela”.
Nesa xuntanza tamén se abordou “cal é o aporte económico que ten que facer o Concello ás escolas infantís, tanto á que está aberta como a que vai estar aberta, se pode ser, en setembro. Hai unha solución que se está traballando ca FEGAMP, na cal ata agora viña aportando cada Concello na súa concertación, por exemplo en Burela, un terzo do gasto xeral. Nosoutros xa estamos asumindo na escola que está en funcionamento máis na que se vai poñer en marcha os gastos de mantemento, por tanto imos seguir facéndoo, pero nunhas condicións que se van concretar nun acordo vía FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias). Penso que tal e como están as cousas agora mesmo si se chega ao acordo previsto Burela se vería beneficiada como outras escolas infantís que hai no resto de Galicia”.
Llano cualificou a conversa de interesante e positiva e anunciou que “volveremos xuntarnos máis adiante, tanto pode ser en Santiago como en Burela”. O alcalde viaxou este martes a Compostela acompañado polo arquitecto municipal.
























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



