Lugo, 24 de febreiro de 2016.- A candidata á presidir o Partido Popular de Lugo alude ó dito “dime de que presumes e direiche de que careces” para explicar a “obsesión” de Elena Candia por insistir, “un día si e outro tamén”, no número de “apoios” cos que conta a súa candidatura.
Raquel Arias “reitera” que será o día 6, “e non antes”, cando se saberá, “tras a pertinente votación dos compromisarios”, cal é o grado de respaldo que acada cada unha das dúas candidaturas que concorren a este congreso extraordinario. “Semella coa súa insistencia que desexaría ter rematado xa este proceso o mesmo día que se presentou pero os prazos son os que son e hai que ir pasando etapas”, salienta Arias, ao tempo que lle recomenda “paciencia” e a insta “a aproveitar cada unha das fases das que se compón este proceso”.
A candidata popular “reivindica” que estes días que restan para a celebración do cónclave “é tempo para seguir trasladando ós militantes o proxecto que cada unha de nos defende” e, segundo engade, “para que todos xuntos reflexionemos sobre o partido que somos e, o máis importante, o que queremos ser”.
“Unha vez máis”, Raquel Arias avoga pola “participación activa” da militancia nesta “interesante e importante etapa” que estamos a vivir no Partido Popular de Lugo para que “sexa o máis frutífera e enriquecedora posible para todos”.
“Insiste” tamén en facer un “chamamento” ós compromisarios “que teñen o honor de poder votar” para que “o día 6” exerzan ese dereito “en conciencia e liberdade”.




















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



