O vindeiro martes, 1º de Marzo, o santoral da Igrexa Católica celebra o día de San Rosendo, efeméride que nos toca moi de preto pois trátase do patrono da nosa diócese, e sobremaneira ós focegos, xa que o mesmo foi bispo en San Martiño e, segundo conta a historia, o gran impulsor da hoxe basílica, o fito cultural e histórico/lendario mais transcendente do noso concello.
Nacera no ano 907 en Santo Tirso, preto de Oporto. Bispo tamén en Iria Flavia e Compostela e creador-protector de mosteiros: fundador do de Celanova. Acaso o persoeiro mais importante da Galicia do s.X, a súa obra abrangue os mais diversos aspectos. Personalidade que entronca coas principais vellas estirpes da nosa terra, no pazo de San Martiño residía co bispo Sabarico II, seu tío que de Dumio trouxera a Sé Episcopal e baixo cuxa protección se formaba.
En 925 finou aquél quedando vacante o bispado; o sucesor debìa elixirse entre os clérigos daquela igrexa e resultou escollido Rosendo, aínda que él non aceptaba de bó grao dada a súa idade de tan só 18 anos; pero día a día o seu nome gañaba en respecto e prestixio: non se díu conflicto na Galicia daquela época sen que fose invocado como único que podería tranquilizar os ánimos, poñer remedio e dar solución ós mais agrios e ásperos retos.
Polo 934 concebíu a idea de fundar un gran cenobio e consagrou á obra tódolos esforzos, deixando para a posteridade a magnificiencia do Mosteiro de Celanova.
Santo Tirso é un dos mais fermosos rincóns do Douro Litoral, onde cada lugar é un xardín e unha xanela aberta sobre a verdescente paisaxe. O mosteiro de San Benedicto, no centro urbán, fundado no s. X, dinamizou o devir da cidade. Monumento Nacional, no museo exhibe os achados arqueolóxicos locais e nel celébranse variadas exposicións: cando hai uns anos nós o visitamos ollamos unha moi curiosa de guitarras e violas. Para nós Santo Tirso é a “vila-xardìn”, lugar precioso!. Nas rúas e espacios públicos abundan as àrbores, as flores, a vexetación, nun entorno urbán armónico, sen estridencias: un bó espello no que mirarse…
















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



