O CEIP Plurilingüe da Pontenova e o IES Plurilingüe San Rosendo de Mondoñedo foron seleccionados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para desenvolver actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa.
O Diario Oficial de Galicia publica este venres a resolución pola que se resolve a convocatoria e selección de centros para participar nunhas estadías dirixidas a alumnado de sexto curso de educación primaria e a todas as etapas de educación secundaria obrigatoria.
O obxectivo destas actividades de formación é que o alumnado desenvolva nun contorno real a súa comunicación en inglés, complementando esta formación con actividades de carácter cultural e lúdico, co fin de estimular a práctica do idioma e a súa utilización en contextos comunicativos máis amplos que os que permite o ámbito escolar. Para conseguir o maior rendemento posible da estadía, o profesorado será nativo en lingua inglesa.
A convocatoria enmárcase no Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras da Consellería de Cultura e Educación, e contribúe a desestacionalizar e ampliar fóra do verán este tipo de actividades de formación en idiomas.






















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



