Cidadáns de Galicia é consciente da gran importancia que ten para Galicia, a pesca, o marisqueo, a acuicultura, e sobre todo o sector mexilloeiro. Desde o noso partido cremos que todos os galegos e as súas familias que traballan e viven do mar deben ser tratados con especial sensibilidade e proximidade polo goberno da nosa Comunidade e cremos que ata agora, non foi así.
En datas recentes, vivimos con preocupación os problemas que xeraron no sector pesqueiro as políticas e as normativas europeas. En moitos casos, contrarias aos intereses de Galicia.
Os desafortunados intentos dos distintos gobernos autonómicos de sacar adiante unha lei que regule a acuicultura, sen contar cos sectores implicados, como o mexilloeiro e o marisqueiro, preocupan a numerosas familias que viven tradicionalmente do noso mar. Non debemos esquecer que, en Galicia, esta actividade é máis un modo de vida que unha actividade económica.
A retirada do borrador da Lei de Acuicultura pola unánime e frontal oposición do sector, é un primeiro paso para elaborar un texto que satisfaga as aspiracións e necesidades dos traballadores e as súas familias. É o momento de iniciar un diálogo que implique ás institucións e a todos os afectados e os seus representantes.
CIDADÁNS, convocou aos seus afiliados e cargos institucionais, para apoiar ao sector do mar na manifestación do próximo sábado en Santiago.



















Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.



