Viveiro, 29 de febreiro de 2016.- O pasado domingo celebrouse na Coruña, o Campionato Galego de Pista Cuberta de Veteráns, cunha masiva participación de atletas de todos os clubes galegos, destacando por encima de todos José Rioseco do Egovarros-Viveiro, que consigueu batir o record de España dos 800 metros na categoría de M70, acadando un tempo de 2 minutos 40 segundos 37 centésimas, rebaixando en máis de 3 segundos a marca actual, este atleta está a dous meses de cumplir os 75 anos e de pasar de categoría. José Rioseco tamén foi ouro na proba dos 400 m, os seus compañeiros tamén acadaron uns excelentes resultados sumando 18 medallas : 7 medallas de ouro, 6 medallas de prata e 5 medallas de bronce.
Os medallistas foron no apartado femenino: Begoña de Arriba en W60 foi ouro nos 3000m, ouro nos 200m e prata nos 50m.
No apartado masculino: José Rioseco en M70 foi ouro en 800m e 400m; Salvador Patiño en M65 foi ouro en 400m, ouro en salto de lonxitude e bronce nos 800m; Fernando Ramos en M65 obtivo a prata en 200m, prata en 50m e bronce nos 400m; Eliseo López en M65 foi ouro nos 3000m; Antonio Hernández en M65 foi prata nos 3000m; Luis Miguel García en M60 obtivo a prata nos 400m, bronce nos 800m e bronce nos 1500m; Jose Ángel López en M40 foi prata nos 3000m e Rubén Vila en M40 foi bronce nos 1500m.
A próxima proba na que participarán os atletas do clube viveirense será o próximo domingo no Campeonato Galego de Veteráns de Cross, a disputar en Fene (A Coruña).























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A primeira sesión, de 11:00 a 12:30 h, contará cun autor asturiano destacado polo seu traballo arredor do mundo rural e da cultura campesiña. A actividade é aberta, participativa e gratuíta ata completar aforo.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
