O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou este martes que viña de solicitar formalmente un encontro co Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, “para consensuar políticas conxuntas en impulso do benestar social na provincia”.
Na carta enviada hoxe, Campos Conde aposta pola “colaboración e coordinación entre todas as administracións do país para poder ofrecer aos cidadáns prestacións públicas de calidade. Esta colaboración e coordinación na provincia de Lugo, que é, xunto con Ourense, a máis envellecida de Galicia, pasa indubidablemente pola prestación de servizos sociais públicos. Este é un dos eixos fundamentais para impulsar o benestar, o emprego e en xeral a economía da provincia lucense. O conxunto das actuacións que sexamos capaces de pór en marcha neste eido contribuirán ademais a combater un dos grandes problemas do noso país, como é o despoboamento do rural, que sofre de xeito especial Lugo”, destacou.
O titular provincial recalcou que “baixo esta premisa, na Deputación de Lugo estamos a construír unha Rede pública de Residencias e Centros de Día en Concellos da provincia, no que levamos investido en solitario 12 millóns de euros de fondos provinciais. Trátase dun ambicioso proxecto, pois combina o pulo do benestar e do emprego nos municipios, dinamizando deste xeito a economía local e facendo fronte á sangría demográfica no rural”.
Grande interese político e veciñal
“Representantes de Concellos de toda a provincia, das diferentes formacións que integran a Corporación Provincial desta institución, así como cidadáns en xeral, amosaron un grande interese pola nosa rede pública de residencias e centros de día”.
Por todo isto, Campos Conde destacou que “ante o avanzado estado no que se atopa este proxecto, a próxima apertura dos primeiros centros para maiores públicos, e o grande interese polo seu desenvolvemento de todos representantes institucionais de distintas cores políticas e de veciños de toda a provincia; considero de vital importancia unha reunión na que esteamos presentes Deputación de Lugo e Xunta de Galicia para abordar actuacións de colaboración e coordinación en impulso desta rede pública de residencias e centros de día en particular, así como dos servizos sociais públicos en xeral na nosa provincia”.
O Presidente informou que “estamos a punto de abrir a residencia da Fonsagrada e Castroverde, á espera de que a Xunta emita os permisos necesarios (PIA); ademais, tamén se están a rematar as obras dos centros par maiores de Trabada, Pedrafita e Pol. Estas 5 infraestruturas son as que o goberno provincial quere por en marcha este mesmo ano, dependendo, en todo caso, conceda os permisos legais pertinentes”.
“Quedo a túa disposición para ter este encontro contigo o día e o lugar máis próximo a esta data, non tendo ningún inconveniente en desprazarme ás instalacións da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, se así fora preciso. Tamén sería un pracer recibirte no Pazo de San Marcos na cidade Lugo para tratar e consensuar políticas conxuntas en impulso do benestar social dos veciños desta provincia”.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



