Lugo, 1 de marzo de 2016.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, informou este martes das diferentes liñas de axuda en materia de vivenda que o Goberno galego pon a disposición de familias e colectivos en situación de vulnerabilidade coa finalidade de “posibilitar ou reforzar os procesos de inclusión social e tamén de evitar situacións de grave emerxencia”.
“Entre estas subvencións”, explicou Arias, “atópanse as axudas de inclusión social, destinadas a sufragar gastos extraordinarios e urxentes dirixidos a persoas e familias en risco”. Trátase dun apoio económico para o pagamento de débedas de alugamento e para impedir a perda de subministracións básicas ou o desafiuzamento, e que teñen unha contía máxima de 1.331,28 euros.
Tamén se contemplan axudas destinadas a mellorar a habitabilidade e accesibilidade dos fogares, nas que a achega máxima será de 5.325,10 euros, ou para dotalos dun equipamento mobiliario básico, subvencionándose ata un máximo de 1.065,02 euros neste caso.
A delegada sinalou, ademais, que “xa está aberto o prazo de solicitude de subvencións de pago da factura eléctrica convocadas polo Inega e que, por primeira vez, se publicou unha orde dirixida a evitar o corte da subministración de electricidade”.
A axuda para o pago da factura eléctrica subvenciona as facturas comprendidas entre xullo de 2015 e xuño de 2016 cun importe de 180 euros e no suposto de familia numerosa, de 300 euros.
“A maiores”, engadiu Raquel Arias, “a Xunta ofrece unha axuda social de carácter extraordinario, por importe anual de 206 euros, destinada a persoas que perciben pensións de xubilación e invalidez non contributivas, ás que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos e ás que perciben o fondo de asistencia social”.
A delegada anunciou tamén que nas vindeiras datas o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) convocará axudas destinadas a mellorar as condicións de edificacións e superar as situacións de infravivenda no ámbito rural.
Axudas periódicas
Arias tamén fixo referencia ás axudas que a Xunta ofrece de maneira periódica a persoas e familias pertencentes a colectivos en situación de risco de exclusión social.
“Neste grupo”, dixo, “atópanse os complementos de alugamento para os perceptores da renda de inclusión social de Galicia (RISGA)”.
“Para a Xunta”, concluíu a delegada, “as accións destinadas a que as persoas teñan unha vivenda digna e a que as familias atopen nas administracións apoio aos seus problemas conforman un dos elementos máis salientables das políticas sociais, e é precisamente niso no que o Goberno galego se está a centrar”.
O prazo de presentación de solicitudes permanece aberto en todos os casos.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



