A Delegación Municipal de Cultura de Burela, dentro da súa Programación Cultural, presenta á Cía. LIMIAR TEATRO coa obra “Don Quixote, unha comedia gastronómica”. A representación conta co patrocinio da Concellería de Cultura da Xunta de Galicia e a Rede de Teatros e Auditorios e da propia AGADIC.
O acto terá lugar ás 17.30 horas do sábado , 5 de marzo, na Casa da Cultura, e a entrada será de 2´50 euros para todos os públicos.
Limiar Teatro, nace a finais de 2009 e dende entón ven de realizar máis de cen funcións por toda a península cos seus espectáculos. Co primeiro espectáculo “Os 4 da Xunqueira”, un infantil en coproducción con MAO e o Cendtro Dramático Galego realiza unha xira de máis de 60 representacións. Co segundo “Verbum Fahrenheit” , un espectáculo para público xuvenil e adulto en Coprodución co Museo Verbum-Casa das Palabras fixeron máis de 40 representacións. Na actualidade traballan en tres novas producións: Don Quixote e a Dieta Mediterranea, Medea, e Verbas así como na distribución e apoio loxístico da produción do Teatro Español de Madrid dirixido por Mario Gas “Moscú Cercanías”.
“DON QUIXOTE “ é un espectáculo que combina grandes doses de humor e tolemia para dar lugar a esta gastronómica versión da obra de Cervantes.
O señor Alonso Quijano, cociñeiro, fascinado pola obra de Cervantes se “Quixotiza” mentres cociña un sabroso potaxe de vixilia, primeira comida que na venda ofreceron ao ilustre cabaleiro.
No ano 2015 foi o 400º aniversario da publicación da segunda parte da máis universal obra de Cervantes, “Don Quixote unha comedio gastronómica” é unha oportunidade única de poder conmemoralo cun divertido espectáculo adaptable a distintos públicos por edades, dende cativos a maiores, agradecéndose eso sí , unha franxa homoxénea de público principal.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



