Lugo, 6 de marzo de 2016.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, presentou no transcurso do congreso provincial extraordinario o informe de xestión, que resume as liñas de actuación do partido dende a celebración do último conclave. Balseiro fixo balance e asegurou que “co esforzo e as achegas de todos hoxe dispoñemos dun partido capaz de afrontar o futuro con maior seguridade” e agora “débese afrontar a segunda fase da revitalización do PP de Lugo, co obxecto de dar resposta ás necesidades da sociedade nestes novos momentos”.
O secretario xeral dirixiuse ás candidatas populares, considerando que agora é o momento dos “novos tempos, fortalecer equipos, combinar con sabedoría experiencia e renovación”, ademais de, engadiu, “reflexionar sobre a necesidade de introducir cambios nas formas de facer políticas” e de impulsar “o maior proceso de apertura e participación de todos os que leva feito esta organización”. Así, considera que “temos que seguir pisando terreo, o PP non pode renunciar a estar ao pé da rúa, do terreo, falando coa xente e continuar co proceso de renovación e participación que iniciou Barreiro”. Ademais, “hoxe temos que preservar o espírito de equipo que fai forte ao Partido Popular e manter as ganas e a ilusión dun gran proxecto político capaz de incluír a todos, implicar a todos e ilusionar a todos”, conclúe.
Informe de xestión
No que refire ao balance da xestión promovida pola dirección saínte dende o mes de marzo de 2013 ata a actualidade, Balseiro asegurou que “foi un tempo de enorme dificultade, nos que as administracións e os cidadáns tiveron que realizar grandes esforzos”. Neste contexto, o PP de Lugo seguiu sendo a forza maioritaria da provincia, tal e como “se confirma en cada proceso electoral”. “Aprendemos dos erros que nos levaron a perder votantes, pero tamén asumimos a responsabilidade de manter e incrementar o respaldo dos cidadáns que de sempre ten caracterizado ao noso partido, e que nos confirmaron elección tras elección, na primeira forza política de Lugo”, analizou.
Nas eleccións autonómicas de 2012, “fomos a única provincia en acadar dous deputados por riba da da maioría absoluta, 9 dos 15 parlamentarios lucenses”, ademais de ser a primeira provincia en intención de voto de Galicia. Nas eleccións municipais o PP logrou a responsabilidade de goberno en 33 dos 67 concellos lucenses, e foi a primeira forza política na maioría deles, cun porcentaxe de votos no conxunto da provincia do 39%. Lugo foi a única provincia de Galicia na que o PP non perdeu deputados provinciais. En canto aos comicios xerais, o PP foi a forza máis votada en 61 dos 67 concellos que ten a provincia e melloráronse os resultados con respecto ás municipais.
300 novos afiliados
O Partido Popular de Lugo incrementou o número de afiliados. Balseiro matizou que “hai 300 afiliados novos, máis persoas que quixeron facer explícito o seu compromiso co noso partido nestes tres últimos anos. Gañamos a confianza de moitos, para seguir avanzando”.
A maiores, o secretario xeral tamén dixo que “temos que ser o partido máis sensible aos cambios que esta provincia experimenta” e, por iso, “iniciamos un proceso de renovación local e de reunións comarcais que pretendían achegarnos ás necesidades de cada concello, explicar a xestión de goberno e render contas”.
Neste senso, resumiu que “actuamos en tres ámbitos moi definidos”. O primeiro deles, “darlle músculo, organizando e renovando ao noso partido e a súa acción sectorial”, con 24 xuntas locais renovadas dende 2013 e novos foros de participación. O segundo, a coordinación da acción de goberno e dos grupos da oposición, reforzando a asistencia e información que reciben e que aínda pode ser ampliada grazas a oportunidade que ofrecen as novas tecnoloxías. E, en terceiro lugar, dispoñendo dunha nova sede provincial, totalmente equipada, “lugar de reunión e foro permanente de atención”, dixo.
Agradecementos
Na súa intervención, Balseiro tamén tivo palabras de agradecemento para José Manuel Barreiro, “quen seguirá sendo unha peza esencial para este partido, coa responsabilidade nacional” e quen, segundo o popular, “ten demostrado o seu compromiso co que significa a gran familia do PP”, o que se amosou a través da “súa entrega, coa xenerosidade e o acerto que sempre o caracteriza”.
O secretario xeral tamén fixo extensible o seu agradecemento a todos os que, “dun xeito calado pero constante”, fixeron posible co seu traballo “inesgotable e desinteresado” que o Partido Popular de Lugo “sexa a maior organización democrática da provincia”.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



