Os Aventados encaran unha fin de semana de actividades que darán comezo o sábado 12 a partir das 19.00 horas no salón de actos do Complexo Regal-Xunqueira coa asemblea xeral.
Xa o domingo, co presidente da RAG, Alonso Montero, será inaugurada a exposición de artes plásticas de 18 artistas mariñáns sobre “O Vento” a partir das doce do mediodía.
Posteriormente, cara ás 15.00 horas, celebrarase no restaurante Buenavista de San Cibrao a comida e entrega dos premios “Árdelle”, “Toda unha vida” e “Calidade” coa participación dos alcaldes de Burela e Cervo-Sargadelos, ambos membros activos de Os Aventados, así coma os cronistas oficiais de Foz e Viveiro.
O Seminario Estudios Terra de Viveiro e Os Aventados organizan tamén, ás 19.00 horas no salón de actos do Conservatorio de Música de Viveiro, unha conferencia do profesor Alonso Montero sobre as súas experiencias vitais e a proxección das mesmas á actualidade que será introducida pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.