A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo, presentou este xoves a programación que o organismo provincial ten deseñada para conmemorar a Semana da Árbore e da Auga, que se celebra xa por quinto ano consecutivo. No acto tamén participou Xosé Perozo, xornalista e autor dos libros que se entregarán aos nenos esta mesma semana.
López Izquierdo informou que “preto de 15.000 nenos e nenas de infantil e primaria de 103 colexios públicos da provincia están anotados para participar nos actos que organiza a Área de Medio Ambiente da Deputación e que se celebrarán de xeito simultáneo en toda a provincia entre os días 14 e 18 de marzo”.
A responsable da Área de Medio Ambiente remarcou “o interese que esperta este tipo de iniciativas pois, dende a súa posta en marcha foron xa máis de 50.000 os nenos e nenas que participaron nas actividades, nas que se plantaron máis de 500 árbores autóctonos”. Concretamente, a demanda de participantes aumentou en máis dun 400 %, pois no ano 2012 participaron 3.500 nenos e nenas e este ano son máis de 15.000. Ademais, os arbores que se teñen plantado ao longo da provincia foron 60 carballos, 102 bidueiros, 103 loureiros, 103 acivros que se completan cos 123 castiñeiros que se han plantar o vindeiro venres, 18 de marzo, chegando deste xeito a máis de 500 árbores.
López Izquierdo destacou “a importancia de que os nosos rapaces sexan conscientes dende pequenos da necesidade de preservar o medio ambiente, comezando polo seu hábitat máis próximo, como son as Reservas da Biosfera de Terras do Miño e Ancares. Estamos convencidos de que esta é unha obriga que temos dende as institucións”, destacou a Deputada. Nesta ocasión é a Reserva de Ancares e montes de Navia, Cervantes e Becerreá a homenaxeada, continuando así as actividades de concienciación que a institución provincial organiza para nenos e maiores de xeito habitual.
Actos das xornadas
A vindeira semana, os nenos e profesores recibirán dous contoos alumnos darán lectura ó libro de contos “Érase unha vez un castiñeiro” e “O Castiñeiro dos desexos”, elaborados polo escritor e xornalista Xose Antonio Perozo.
De xeito paralelo a estas actividades propostas, os profesores contan coa Guía do profesorado, na que figura unha unidade didáctica que lles será moi útil á hora de organizar outro tipo de actividades nas aulas, coma xogos, manualidades ou experimentos para complementar a xornada.
O día 18 será o momento de plantar unha árbore. Se o ano pasado foron acivros, este ano a Deputación fará entrega de 123 castiñeiros aos que os rapaces lle poñerán un nome proposto e elixido por eles mesmos. Finalmente, ás 12.30 horas, os alumnos plantarán e regarán por primeira vez a súa árbore. Coma peche da xornada, darán lectura do conto que escollan.






















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



