O Concello de Foz celebraba este xoves 10 de marzo un pleno extraordinario para a aprobación provisional do PXOM.
“Foz, Plataforma de Futuro” pensando no futuro de Foz e antepoñendo os intereses do noso Concello ós intereses partidistas votamos a favor da aprobación provisional do PXOM, documento fundamental para garantir un crecemento sostible e ordenado do noso Concello.
Este voto a favor significa a aprobación provisional deste plan Xeral de ordenación municipal, significa que será o momento en que todos aqueles veciños e veciñas que tiñan presentada algunha alegación, coñezan a resposta a dita alegación e deixen de ter dúbidas de como queda o PXOM. Así mesmo este documento agora seguirá o seu curso e chegará a Xunta de Galicia que será a que teña a última palabra e decidirá si está ben ó cen por cen ou recomenda facer algunha modificación para axustalo, e de ser así, terá que volver a pasar polo Pleno da corporación municipal.
“Foz, Plataforma de Futuro” decide votar a favor deste Plan por moitos motivos e algún deles os debullamos a continuación:
– É un documento que se leva elaborando durante mais ou menos dez anos.
– Durante este tempo sufriu tres exposicións públicas, coas súas respectivas alegacións.
– Durante este tempo ademais sufriu a entrada de novas leis que fixeron que houbera que adaptar este Plan a ditas leis, xa que son superiores ó Plan, polo tanto facían xa de regulación.
– É un documento no que traballaron distintos gobernos, distintos equipos de goberno e numerosos Concelleiros que fomos pasando pola Corporación Municipal durante estes anos, ós cales dende FPF nos queremos acordar de todos eles xa que este tamén é o seu Plan.
– Este documento é un documento no que traballaron numerosos veciños, constituídos como grupo de traballo ou como asociacións de veciños, ós cales dende FPF queremos dar as grazas polo enorme traballo que fixeron nas numerosas reunións que tiveron eles solos ou cos redactores deste Plan.
– Queremos recordar as palabras dun veciño,( veciño o cal non lle vota ó PP, polo tanto non é sospeitoso de dicir estas palabras por intereses políticos)este veciño traballou neste PXOM dentro dun dos grupos de traballo,e na primeira reunión que tivemos esta corporación Municipal para falar deste Plan, lle dicía ó noso portavoz “ Sixto, este Plan é o que se ten que aprobar, non hai volta de folla, esta moi traballado, e non hai moita mais marxe de mellora, e ven aí unha nova lei do solo e vainos tirar todo polo chan”.
– Os distintos grupos políticos da Corporación Municipal tivemos a posibilidade de traballar neste documento, e concretamente FPF tivemos a posibilidade, como así fixemos, de traballar e mellorar este documento. Mantivemos numerosas reunións cos técnicos municipais ós que damos publicamente as grazas pola súa colaboración e asesoramento, numerosas reunións por separado e co resto de grupos da corporación cos redactores deste Plan, traballamos nas alegacións unha por unha e intentamos que se resolveran favorables todas aquelas que considerábamos que así o eran, conseguíndoo que se nos incluíran mais do 80 %.
– Este non é un documento pechado, xa que todo Plan pode ser mellorado novamente polo Pleno da Corporación Municipal.
– Non queda ningunha vivenda fora de ordenación porque foi nun dos puntos nos que mais se traballou, ademais de incluír este Plan un documento no que queda moi claro o que é un fora de ordenación.
– A maiores a Asemblea de “Foz, Plataforma de Futuro” celebrada o pasado luns día 7 de Marzo por maioría dos alí presentes decidía votar a favor de apoiar dito plan.
Polo tanto dende FPF decidimos valientemente dar o noso voto favorable a dito Plan. Queremos legalizar aquilo que ata esta aprobación non estaba legal, e ordenar o futuro do noso Concello durante os vindeiros anos, e con isto impedir que o noso Foz se siga degradando por culpa do urbanismo.Estamos moi satisfeitos de poder estar nesta corporación municipal nun momento histórico para o noso Concello e poder aportar o noso gran de area a este Plan que consideramos de todos.




















Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.



