13 de marzo de 2016 – A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) poñerá en marcha desde este luns, e ata o vindeiro domingo día 20, unha campaña intensiva para controlar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso do cinto de seguridade. Do mesmo xeito, os axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que os menores viaxan cos correspondentes sistemas de retención infantil adecuados á súa estatura, peso e idade.
Tamén se empregarán paneis de sinalización variable e as pantallas alfanuméricas dos vehículos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil, que lembrarán aos condutores a campaña que se está desenvolvendo.
A iniciativa enmárcase dentro da programación de operacións especiais de vixilancia e control previstas pola DXT para este ano, co ánimo de mellorar a seguridade viaria e concienciar aos usuarios das vías sobre a importancia de manter comportamentos máis seguros.
SEGURO NA ESTRADA
A DXT estima que o correcto uso do cinto de seguridade reduce en ata un 50% o risco de morte nun accidente de tráfico. Por tanto, non debe obviarse o emprego do mesmo na estrada ou en cidade.
O correcto uso dos sistemas de retención homologados está demostrado que é o método de seguridade viaria máis sinxelo e eficaz en todo tipo de vías e traxectos, e o seu emprego resulta imprescindible para que o airbag sexa eficaz.
No ano 2015, un 17.46% dos usuarios de turismos e furgonetas falecidos en sinistros producidos en vías interurbanas en Galicia non utilizaban o cinto de seguridade, unha porcentaxe que descendeu respecto de 2014 que era do 24.65%.
No caso dos sistemas de retención infantil, a DXT lembra que un neno sen suxeición multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais ou graves. Neste sentido, un dos obxectivos do Plan Estratéxico de Seguridade Viaria 2011-2020 é “lograr que ningún neno perda a vida por non ir correctamente sentado nunha cadeira adecuada para o seu peso e talla”.
CAMPAÑA ANTERIOR
Na campaña específica de control do uso do cinto de seguridade e dos sistemas de retención infantil desenvolvida en datas similares do pasado ano en Galicia (do 9 ao 15 de marzo de 2015), controláronse 49.223 vehículos e formuláronse 392 denuncias neste sentido.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



