Lugo, 18 de marzo de 2016.- A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, asegura que os orzamentos que presentou o Goberno socialista da localidade evidencian que “non teñen nin ideas, nin un proxecto para Lourenzá”. Os populares votaron en contra das contas para 2016 xa que, segundo Álvarez Chao, “non imos ser cómplices da inoperancia e das mentiras da alcaldesa e do seu equipo de Goberno”.
A voceira dos populares referiu aos presupostos locais para este ano como dunha “tomadura de pelo”, que demostran que os socialistas gañaron as eleccións “cun programa irreal”, cuxas propostas electorais agora non plasman nos orzamentos. A presidenta do PP de Lourenzá lamenta que “despois de dez meses de Goberno, vivamos sometidos na parálise máis absoluta”.
Mentiron na creación de emprego
“Os feitos e as declaracións demostran o que dicimos”, asegura Álvarez Chao, quen deixa ao descuberto as mentiras dos socialistas, como, por exemplo, a referente á creación dun plan de emprego municipal. “Non só non incluín nos orzamentos unha partida para xerar emprego, senón que reducen en 50.000 euros os gastos de persoal”, exemplifica a popular, quen engade que “mentres se senten orgullosos de reducir os gastos de persoal, non teñen reparos en incrementar os gastos correntes, que suman 146.000 euros e que supoñen un 32% do gasto total do orzamento”.
Ademais, a voceira dos populares lamenta que as mentiras en pleno “sexan constantes e máis cando estamos a xogar con postos de traballo”. O Grupo Municipal do Partido Popular interesouse en dúas ocasións polo posto vacante tras a xubilación dun traballador, ao que a alcaldesa dixo que se estaban preparando as bases de contratación. “Os orzamentos demostran que mentiu durante as sesións do máximo órgano do Concello” xa que as contas para o 2016 non inclúen partida para tal finalidade. Ademais, Álvarez Chao engade que, segundo afirmacións da alcaldesa na comisión de conta informativa dos orzamentos, o único traballador municipal contratado con cargo á partida económica 131 do programa 170 de Persoal Laboral Temporal dos Servizos Xerais, remata o seu contrato en abril.
A popular tamén puxo como exemplo da parálise dos socialistas, ao que cualifica como un Goberno centrado soamente no “queda ben”, que mentres incluíron no seu programa electoral eliminar as taxas de lixo das vivendas deshabitadas, “en dez meses foron incapaces de modificar a ordenanza e os presupostos deixan claro que non teñen intención de facelo”. A partida económica varía levemente, así que estamos “unha vez máis ante fume e máis fume”.
Polo tanto, Emma Álvarez Chao conclúe que os socialistas levaban “agardando ata 30 anos para gobernar e agora cortan e pegan os orzamentos na meirande parte das partidas e noutras renuncian a investimentos de relevancia para a localidade como o de continuar coa adecuación do mercado gandeiro, subvención que se solicitou e foi concedida no 2015 e non deixan orzamentada para o 2016”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



