Burela, 18 de marzo de 2016.- Vista Alegre recibe este sábado os heroes laranxas da Copa de España Guadalajara 2016 cunha batalla decisiva polos play off. O CD Burela FS Pescados Rubén recibe o Peñíscola RehabMedic FS (18.30 horas) en duelo directo pola oitava praza, con empate a 28 puntos. O encontro poderá seguirse en directo por www.lnfsdirecto.com, coa colaboración de Iván Díaz Rolle e Ramón González. Antes do asubío inicial gardarase un minuto de silencio polo falecemento de Sara Mon, nai da cofundadora da empresa patrocinadora Pescados Rubén SL, Cesarina Fanego.
Un dos capitáns laranxas, Iago Míguez, aliado co gol en Guadalajara incidiu na relevancia da cita de mañá, trasladando a ilusión do equipo por seguir traballando por un novo reto: “Para nós é unha final; queremos clasificarnos para o play off e pechar un ano histórico para o club, logo de volver estar entre os catro mellores de España, nas semifinais de Copa de España. A Marea Laranxa será o sexto xogador nesta meta, segundo explicou o 5 mariñán: “Volver xogar un play off en Vista Alegre sería moi bonito, por iso precisamos a afección máis ca nunca, para que nos axude a conseguilo. Esperamos contar unha vez máis co apoio de Vista Alegre porque vai ser fundamental ata final da tempada. Queremos contar co apoio da Bomboneira para saír gañando desde o primeiro minuto e que nos arroupe como fixo en Guadalajara e sempre fai nas grandes citas”.
“Fisicamente arrastramos lesións, pero animicamente estamos no mellor momento da tempada. Estou seguro de que nos sobrepoñeremos a todo para sacar estes tres puntos tan vitais para nós. Poñendo a mesma intensidade e ganas da Copa, onde demostramos que somos un equipo, sendo solidarios e axudándonos, poñendo o mellor de cada un, o partido será noso” explicaba Iago Míguez.
Daniel Ibañes non poderá contar para a cita nin con Jorge, por unha sobrecarga no cuádriceps que xa lle impediu estar na Copa, nin con Hélder, pendente de probas tras o esvaecemento sufrido en Guadalajara. Chegarán entre algodóns Isi, por unha contusión na coxa na semifinal copeira, e Bruno, por un proceso gripal; o último adestramento laranxa está previsto para as 16.00 horas, en Foz. Nas filas visitantes, Carlos Sánchez dispoñerá de todos os seus xogadores, excepto Charly Maza, por unha lesión de longa duración; o equipo realizará a súa última sesión esta tarde en Vista Alegre ás 17.00 horas.
Na primeira volta os tres puntos subiron na cuadrícula burelista, 4-7.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 9. Iago Rodríguez, 11. Chano, 12. Petry, 13. Álex, 17. Carlitos, 20. Chino, 23. Antoñito, 28. Rubén





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
