Burela, 18 de marzo de 2016.- O Centro de Educación Meidoambiental Gaia ven de desenvolver durante toda esta semana cos usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña un xogo de pistas para celebrar o Día da Árbore.
Durante toda a semana foron achegando pistas sobre a árbore que lles foi entregada este venres, unha ameixeira.
Estas actividades contribúen a estimular o interese polo medio ambiente e a preocupación polo seu coidado.