Ribadeo, 18 de marzo de 2016. Ribadeo acollerá o día 3 de setembro deste ano, sábado, a súa primeira Heroican Race, que é unha carreira de obstáculos para a cal o prazo de inscrición se abre esta media noite na páxina web www.championchipnorte.com. O evento foi presentado este venres na Casa do Concello coa participación do edil de Deportes ribadense, David Rivas.
“Desde o Concello queremos amosar a nosa satisfacción por acoller a primeira Heroican Race, unha carreira de obstáculos como as que xa se veñen celebrando en moitas cidades de toda a xeografía peninsular e que aportan unha dose importante de espectáculo á actividade deportiva local. Deste xeito a Heroican Race preséntase como unha oportunidade para Ribadeo de facerse un sitio no mapa das carreiras de obstáculos, que hoxe en día contan cun enorme número de participantes en cada lugar onde se celebran”, explicou o concelleiro de Deportes.
David Rivas engadiu: “agardamos que a carreira sexa un éxito de participación e cremos que mesmo pode crearse unha simbiose entre concello e carreira; Ribadeo vai verse seguro moi beneficiado ao acoller esta proba no que á dinamización turística se refire e a Heroican Race vai desenvolverse nun marco excepcional que lle dará proxección e boa prensa para futuras sedes e edicións. Á gran variedade de probas deportivas que abarrotan o calendario de verán súmase agora esta carreira, que seguro non deixará indiferente a ninguén”.
No acto de presentación participaron o alcalde, Fernando Suárez, e representantes da organización deste evento.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
