Lugo, 19 de marzo de 2016.- A deputada luguesa do PSdeG-PSOE Margarita Pérez Herraiz, e o senador lucense Ricardo Varela, anunciaron que rexistraron unha proposición no Congreso dos Deputados coa que demandan que se cumpra o acordo lácteo a través dun réxime sancionador. Piden que se defina “un prezo sostible para cada eslavón da cadea de valor, e que se publiquen os prezos ao que se compra o leite”, tanto da industria como da distribución.
Nunha Proposición Non de Lei rexistrada na Cámara Alta, a deputada socialista Pérez Herraiz solicita que “se publique un novo contrato tipo co fin de establecer baremos de calidades iguais para todas as industrias”. A maiores pide “que se cree a figura obrigatoria do Mediador, con fin de que sirva para resolver os posibles desacordos entre e gandeiros e industria”.
Pérez Herraiz denuncia que a día de hoxe un 4.4% dos 9.000 gandeiros galegos, segundo os datos da propia Conselleira de Medio Rural, cobran menos de 20 céntimos polo litro de leite, por debaixo dos custes de produción.
Con este datos critica “que se esta incumprindo a Lei da Cadea Alimentaria que prohibe a venda por debaixo do custe de produción”.
A deputada socialista replica que o Acordo para a sostenibilidade do sector lácteo, acadado en Galicia, incluía unha serie de medidas “pero a dia de hoxe, seguen sen cumprirse”. Dixo tamén que o acordo acado na nosa Comunidade “só parece satisfacer a distribución, que subiu o produto aos consumidores, pero non repercutiu nin na industria nin aos produtores”, insistiu.
Sector estratéxico
Pérez Herraiz subliña que o sector lácteo “é fundamental para a economía de Galicia”, e especialmente “pola súa contribución a sostibilidade medioambiental do medio rural, xa que si diminúe a súa actividade morrería unha grande parte das zonas da nosa provincia”, concluíu.
















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



