20 de marzo de 2016.- Este mes Paso Miúdo percorreu a ruta do Souto de Constantín Arandedo en Baralla. Co temporal de chuvia que deixaron na Mariña temían o peor, pero respetounos o tempo, ainda que facia frío non lles caeu gota de auga. Logo da ruta disfrutaron do ambiente de viños en Domingo de Ramos, e dun soberbio cocido cuns non menos soberbios postres, compartindo comedor con Juan Antonio Corbalán, o mítico Base do Real Madrid que se atopaba por aquelas terras, e ata se fixo unha foto con eles.
