Ribadeo, 1 de abril de 2016. A Concellaría de Igualdade e o CIM organizan un curso de autodefensa para mulleres, que se celebrará o vindeiro 9 de abril. A inscrición está aberta. As prazas son limitadas.
Desde o CIM sinalan que “a violencia machista constrúese e ampárase na propia estrutura social, esténdese ao longo de toda a nosa vida como mulleres e aféctanos a todos os niveis: físico, emocional, psicolóxico, social… Vital. Por iso, consideramos a autodefensa como un elemento indispensable de protección e loita contra a violencia machista”.
Desde Igualdade e desde o CIM explican que “as estratexias de dominación, poden ser o corpo, a mirada, a definición, a intimidación e a agresión. É importante identificar as situacións de pre-violencia, xa que unha vez iniciada a violencia física, entrase nunha inercia progresiva de violencia que dificulta as posibilidades de parala. Se a situación de violencia física comezou só podemos utilizar elementos de contención para poder eliminar o perigo.Polo tanto, o mellor é actuar antes de que o exercicio da violencia sexa físico”.
E engaden que “a finalidade deste curso é saber responder a calquera ataque e/ ou agresión física así como recoñecer os indicadores de pre-violencia para poder atallala, ton de voz, a negación da propia identidade a eliminar o noso nome (utilizando o pronome tú, nena, rubia, morena, etc.), postura, espazo vital, comunicación non verbal agresiva ou invasiva.Traballaranse tanto técnicas físicas como elementos emocionais, psicolóxicos, relacionais… revalorizando as ferramentas que posuímos a nivel individual e colectivo, potenciando as nosas propias claves de seguridade, colectivizando e resignificando as nosas experiencias”.
O curso será impartido por Crysti Tojo, cinturón negro 3º Dan de Karate, cinturón negro 1º Dan de Goshin, Directora do Departamento de Arbitraxe da Federación Galega de Karate, Directora do Clube Deportivo Avalon Kai e por Mai Insua, Psicóloga e Terapeuta Sexual e de Parella especializada en xénero. E terá lugar o 9 de abril de 16.00 a 19.00 horas no ximnasio do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo Fierros. As prazas son limitadas, polo que é preciso anotarse enviando un e-mail ao correo cim@ribadeo.org ou ben chamando ao 982 120 739 .



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



