Ribadeo, 15 de abril 2016. O Concello leva a cabo nestas datas obras de restauración nas escaleiras de Martínez ademais doutras obras de reparación de plaquetas en rúas e beirarrúas da vila, segundo asegurou esta mañá o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “agora en plena época primaveral é cando estamos desde o Concello intentando facer todas estas obras moitas veces das deterioracións dos invernos, das fochancas tanto na vila como nas parroquias, e algo que iremos facendo agora nesta temporada de aquí en diante”.
Suárez Barcia dixo que “hoxe centrándonos no casco vello de Ribadeo, estamos iniciando estes traballos de reposición destas plaquetas de granito que polo paso sistemático de vehículos pesados se están movendo, estamos coa brigada de obras intentando resolver paseniñamente estas incidencias en varios puntos da vila”.
O alcalde ribadense subliñou que “tamén estamos actuando nunha obra importante, trátase dunha conectividade entre dúas rúas de diferente nivel do casco vello a través dunhas escalinatas, dunhas escaleiras que se chaman comunmente escaleiras de Martínez, elemento singular arquitectónico importante. Conta coa autorización de Patrimonio e estamos procedendo á restauración, tapado de ocos para que non sexa perigoso porque nalgúns sitios era perigoso e alguén podía facerse dano. Está quedando realmente ben e estamos logrando recuperar unha conectividade entre dúas rúas a distinto nivel”. O investimento que se realiza nestes traballos achégase aos sete mil euros.
Fernando Suárez Barcia concluíu: “trátase dun recuncho máis do noso casco vello. De ir recuperando para que este casco vello que estamos facendo coa iniciativa pública xunto coa recuperación que está facendo a iniciativa privada, entre todos estamos conseguindo que o casco vello sexa un casco novo no senso dun casco remocicado, un casco vivo, un casco histórico atraínte para o turismo, para os que viven alí e para novas iniciativas comerciais”.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



