Lugo, 19 de abril de 2016.- O voceiro de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, interpelará ao Goberno galego sobre o novo Decreto que, en elaboración, regulará as plantacións de eucalipto. O parlamentario quere saber a liña de traballo que sigue o Executivo para deseñar unha norma de grande importancia para o sector forestal da nosa Comunidade.
De feito, segundo as últimas estatísticas máis da metade dos aproveitamentos madeireiros con destino industrial en Galicia corresponden ao eucalipto que, xunto co piñeiro, constitúen a principal materia prima dun sector que produce máis do 50% da madeira que se comercializa en España.
ÉXITO DO EUCALIPTO
Balseiro lembra que o éxito do eucalipto responde a moi diversos factores: a rendibilidade que achega ao propietario (que é quen inviste), as boas condicións para o seu cultivo que se dan na nosa Comunidade, e unha elevada demanda industrial.
Ata tal punto é así que nos últimos foros que se celebraron analizando o futuro desta especie forestal se apuntou que o eucalipto reparte 150 millóns de euros, cada ano, entre miles de familias galegas.
NON TEN SENTIDO RENUNCIAR AO EUCALIPTO
Para o portavoz de Montes do Grupo Popular non tería ningún sentido renunciar a esta importantísima especie para a economía forestal galego, sobre todo sendo conscientes de que a madeira de eucalipto constitúe unha relevante fonte de ingresos para os propietarios dos montes, sobre todo en zonas como A Mariña lucense, Eume, Ortegal e A Terra Cha, entre outras.
Con todo, Balseiro aclara que o Parlamento galego aprobou unha proposición non de lei, a iniciativa do Grupo Popular, defendendo o establecemento dunha ordenación no territorio desta especie forestal. “O obxectivo era regular a súa presenza facendo compatibles eses intereses económicos cos usos dos espazos forestais e a paisaxe, e nesa liña traballa a Xunta”.
O Decreto –aclara Balseiro- “é unha demanda do propio sector forestal e gandeiro e farase –apunta– co fin de conseguir o máximo consenso posible entre os interesados”. Ata tal punto é así que o pasado mes de decembro foi obxecto de análise e avaliación no marco do Consello Forestal e tamén está a ser sometido á consideración de distintos entes”- conclúe Balseiro.
























O músico ofrecerá un repaso polos clásicos de Dire Straits, Eric Clapton, Pink Floyd, Lou Reed, Bruce Springsteen, Bob Dylan, Joaquín Sabina e moitos máis, nunha xornada dedicada á música e á historia do local. Esta será a primeira das actividades que se irán anunciando con motivo do 25 aniversario, cunha cita marcada para o 12 de xullo, no propio Rincón de Mondoñedo.
Con ela pechouse a celebración das festas de Santa Isabel que, un ano máis, foi todo un éxito.
A súa busca iniciárase ás 18:30 horas de onte e, despois de horas sen noticias, os familiares contactaron co 112 pasada a unha da madrugada. Finalmente, contra as seis da mañá avisaron de que a muller fora localizada nunha finca no lugar de Mos, sen capacidade para erguerse polos seus propios medios, aínda que rexeitou asistencia médica ao atoparse ben. O 112 mantivo informada en todo momento á Garda Civil durante o operativo.
Inclúe as Noites Alternativas e Enredando no Verán. Este martes arrincan as Noites de Futbol na Praia do Torno.
Precísase unha reparación maior e un suplemento de crédito de 350.000 euros, que o Consello de Ministros aprobará a próxima semana. Coa partida concedida, a maquinaria volverá ao paseo en dúas ou tres semanas. O Concello garante que seguirá vixiando os prazos para asegurar a obra con total seguridade.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude ao longo desta semana nas oficinas municipais do Concello de Trabada. O alcalde de Trabada, Rubén García, explica que “desde o Concello queremos dar a máxima difusión a esta convocatoria para que todas as persoas interesadas poidan presentar a súa solicitude e formar parte desta bolsa de emprego”. Desde o Concello animan a todas as persoas interesadas a presentar a súa solicitude dentro do prazo establecido, co obxectivo de garantir a correcta cobertura deste servizo municipal durante o período vacacional.
A alcaldesa, Ana Isabel Fernández García, expresou un "orgullo muy grande" por este logro e destacou que a praia urbana "cumple rigurosamente todos los exigentes requisitos que se solicitan". A obtención da bandeira azul require garantir a calidade das augas, socorrismo, accesibilidade e educación ambiental, e o reto agora é manter estes estándares. O Concello colaborou coa Asociación Fraternidad nun proxecto de conservación da fauna local mediante a fabricación e instalación de caixas niño nas dunas de Navia e Frexulfe. Antonio, membro da entidade, explicou o proceso destas dez "casitas de pájaros" e sinalou que "Ha sido un trabajo muy laborioso pero muy gratificante...", agradecendo a colaboración municipal e a visibilidade que dá ao traballo da asociación.



