Ribadeo, 20 de abril de 2016.- O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, presidiu na mañá deste mércores a inauguración da exposición ovícola literaria no Instituto de Educación Secundaria (IES) de Ribadeo Dionisio Gamallo, que recolle máis de 60 traballos realizados por alumnos e alumnas do centro para celebrar o Día do Libro por iniciativa da profesora do Departamento de Lingua castelá e literatura Rosa Paz. A mostra estará aberta ao público ata finais deste mes.
O director do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, Alfonso Piñeiro, explicou que “con motivo do Día do Libro, que é este sábado, temos a exposición ovícola literaria. Cando o ano pasado o propuxo Rosa parecía que ovícola e literaria eran cousas que non se poden relacionar para nada, pero aquí esta o magnífico resultado. Xa o ano pasado o foi e neste superou totalmente en cantidade e calidade á edición do 2015. De tal maneira que isto empeza xa a saír un pouquiño do instituto, a ter outras repercusións, porque nos están chamando dalgúns colexios para vir velo. Entón cando se fan actividades destas, que transcenden ó que é ámbito exclusivo do instituto se ve que se están facendo as cousas ben. As actividades extra escolares e complementarias aportan algo máis de vida ao instituto, máis alá das clases e das materias que todos os días impartimos. E creo que é fundamental na formación dos alumnos a participación nestas actividades e calidade das que temos neste centro creo que está recoñecida por a multitude de premios que estamos recibindo”.
Ademais Alfonso Piñeiro agradeceu “a todos os profesores que fan actividades extra escolares e complementarias o seu labor, porque cando un profesor decide facer unha actividade deste tipo está realizándoa fóra das horas que dedica normalmente ao labor docente. Polo tanto teñen dobre mérito, que neste caso lle corresponde a Rosa. Quero felicitarvos e agradecervos a organización desta exposición”.
Pola súa banda a profesora Rosa Paz deu as grazas aos alumnos e alumnas participantes porque a “resposta foi sorprendente; aí están os vosos traballos. Moitas grazas porque é unha actividade máis, pero cada vez vos esmerades máis e estouvos moi agradecida”.
E rematou as intervencións do acto inaugural o edil de Cultura, Farruco Graña, quen dixo: “para min é un pracer vir no nome do Concello de Ribadeo para a inauguración desta exposición, sobre todo por ver os froitos desta actividade, que aparte de chamarme a atención o nome da mostra porque é unha idea impactante, é un slogan moi guapo, que non pasa desapercibido, que chama a atención. Iso levado ao plano da literatura un bo título, unha boa frase de comezo dunha novela sendo impactante engancha. E gustoume moito tamén ver con que pouco podemos facer tanto. Os que sodes de aldea non sei se chegariades a xogar algunhas veces cos carozos de millo, cos que eu de pequeno facía castelos. Era unha cousa moi sinxela, pero íasenos moi ben a tarde, sobre todo de inverno, pasando o tempo á beira da lareira. Vós utilizastes tamén unha cousa moi elemental, moi básica; hai que tratala con mimo, pois cos ovos xa se sabe: hai que andar con tino con eles porque senón igual nos escachan e quedamos sen nada. É un traballo laborioso, pero con pouco facer tanto está moi ben. Cada libro que tratastes vós o que viades tratar aos vosos compañeiros do grupo que estaba ao voso carón non vos ides esquecer deles. Nese sentido quero animarvos a mergullarvos máis no mundo da literatura. Tedes a biblioteca do centro e tamén a de Trabada, a de Barreiros e a de Ribadeo, El Viejo Pancho. Nunca deixedes de visitalas para poder coller algún libro porque non hai escusa para non ler. E non só para ir coller un libro senón que se hai algún título que nos interesa propoñer a súa compra. Quero felicitarvos porque hai ideas moi orixinais e está moi ben”.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



