Nois, 20 de abril de 2016.- Estes días dende o luns que empezou Lucía Vila ata o xoves que rematará Eva Rivas, estanse facendo uns obradoiros de arte moi interesantes no colexio de Nois. O martes asistiron á actividade con Cristina Basanta e viron como disfrutaba o alumnado de primeiro ciclo de primaria. A través destas artistas da Mariña, que participan intensamente na Semana das Artes Plásticas, elas estiveron presentes nas actividades de arte nos escaparates, nas visitas guiadas do Cenima, nas sesións de retratos de artistas do sábado pasado, pero sobre todo nos obradoiros que se fan nos centros educativos como son os de Vista Alegre de Burela o IES de Alfoz Valadouro e este centro de Nois. Estas xornadas que están facendo en Nois son a culminación dun ano de traballo no centro moi intenso na área de plástica, que pode verse nunha mostra exposición que fan na Biblioteca do mesmo, nos pasillos, polas escaleiras, aparecen traballos relacionados con artistas como Mondrian, Van Gogh, Miró,… é dicir que todo o colexio rezuma arte por todas partes. O que mostra a vitalidade deste centro, o traballo do seu profesorado neste campo artístico, e o ben que o poden pasar os nenos e nenas con este tipo de actividade que non están reñidas nin moito menos coas demais aprendizaxes.
SEMANA DE ARTES NA MARIÑA.
Semana da Arte na Mariña
2016
Colexio Fondo Nois
CATRO
Lucía Vila
Cristina Basanta
Zili Katova
Eva Rivas
Do 18 ao 22 de Abril
Por medio de catro técnicas diferentes e tendo como punto de partida os catro elementos naturais, cada artista explicaralle aos nenos varios modos de achegarse ás artes: vento e emocións, agua e expresión, terra e modelado, lume e sensacións.
Luns 18.
Lucía Vila
Temática: Vento e emocións.
Idade: 8-9 anos.
Materiais necesarios: Tea, pinzas, corda, témperas e pincel.
Martes 19.
Cristina Basanta
Temática: Auga e expresión.
Idade: 6-7anos.
Materiais necesarios: Témperas, caldeiros, pajitas, pincel, papel blanco (mural).
Mércores 20
Zili Katova
Temática: Terra e modelado.
Idade: 10-11 anos.
Materiais necesarios: Arcilla, pedras, témperas, e rotuladores.
Xoves 21
Eva Rivas
Temática: Lume e sensacións.
Idade: 3-4-5 anos.
Materiais necesarios: Témperas, pincel e papeis.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



