Mondoñedo, 20 de abril de 2016.- A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, xunto coa delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, á que lle trasladou que o Goberno galego iniciará no verán as obras de reforzo de firme na travesía da LU-124, a estrada que vai a Vilameá, coa fin de incrementar a seguridade viaria.
O Diario Oficial de Galicia publica este mércores o inicio da contratación destas actuacións nas que a Xunta investirá máis de 154.000 euros. O prazo para a presentación de ofertas para a execución deste proxecto rematará o vindeiro 16 de maio.
Trátase da rehabilitación da capa de rodadura da travesía da LU-124, ao longo de 1,3 km, unha vía que inclúe a Avenida de Bos Aires e a rúa de Santo Antonio.
A conselleira explicou que a actuación busca ofrecer unha maior comodidade nos desprazamentos a todos os usuarios que circulan por esta vía, que rexistra un tráfico local, de curto e medio percorrido.
O proxecto recollida o fresado e reposición do firme, así como ao repintado da sinalización horizontal e a substitución da sinalización vertical en mal estado. Tamén se construirá unha senda peonil de 2 metros de ancho no treito inicial da travesía, que actualmente carece de beirarrúas, atendendo así á demanda trasladada polo concello. Esta senda ao longo de case 300 metros, pola marxe esquerda, estará separada da calzada e executarase sobre os terreos existentes na marxe da estrada, polo que non serán necesarias expropiacións.
Esta intervención na travesía de Mondoñedo forma parte dun contrato máis amplo que recolle actuacións noutras tres travesías dos concellos de Rábade, de Meira e de Cospeito. Neste sentido, a titular de Infraestruturas concretou que hoxe comeza a contratación de obras de reforzo de firme en 4 travesías da provincia de Lugo nas que se investirán arredor de 500.000 euros.
Cómpre lembrar que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda tamén rematou a finais do ano pasado as obras de rehabilitación do firme e ampliación da estrada Mondoñedo-Vilameá (LU-124), coa que se mellora o acceso dos veciños de Mondoñedo tanto cara a A-8. Nesta actuación levouse a cabo a rehabilitación do firme no treito interurbano desde Mondoñedo ata Lindín. Estas acción supuxeron un investimento de 770.000 euros, e foi cofinanciada nun 80 % con recursos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).
Ethel Vázquez recordou que no caso concreto de Mondoñedo, os traballos hoxe licitados sumaranse a outra importante intervención como a mellora da estrada LU-124 entre Lindín e Cruz da Cancela, que este luns iniciaba o proceso de información pública. O Goberno galego investirá case 1,7 millóns de euros nesta actuación que busca incrementar a seguridade viaria e facilitar os desprazamentos nesta vía de acceso á A-8 desde os municipios da Pontenova, Riotorto e A Pastoriza.





















A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



