Burela, 22 de abril de 2016.- O Burela Pescados Rubén competiu con orgullo no Palau Blaugrana ante o poderoso FC Barcelona Lassa que finalmente se alzou coa vitoria por un axustado 4-3. Malia a derrota no fortín blaugrana os mariñaos disputarán a última xornada con opcións de conseguir unha praza nos Play Off polo título para poñer a guinda a unha excepcional tempada.
O desafío do Palau comezou cun guión inesperado para os culés xa que o Burela Pescados Rubén logrou sorprender ao comezo cun potente disparo raso de Jorge Bellvert para situar o 0-1 no marcador. O gol dos laranxas obrigou ao Barça a cambiar de marcha e comezou a exercer unha boa presión sobre os pupilos de Daniel Ibañes que esperaban a súa oportunidade ao contragolpe. Álex mostrouse moi seguro ante os disparos afastados dos blaugrana; Dyego e Wilde probaron ao meta burelés que evitou o empate nuns minutos de acoso local. Tras superar o ecuador chegou o empate culé cunha gran vaselina de Aicardo ao primeiro toque. O 1-1 non descompuxo aos galegos que xogaban as súas bazas con intelixencia e Petry a punto estivo de adiantar de novo ao Burela pero o seu disparo foise ao pau. Ambos conxuntos intercambiaron golpes, Sergio Lozano enviou un mísil ao longueiro e Chano tamén se atopou coa madeira. Tras un breve respiro, na recta final ambos equipos volveron a cargar sobre o seu rival. Unha combinación entre Wilde e Aicardo estrelouse coa seguridade de Álex e nos instantes finais Chano gozou dun contragolpe que non logrou definir con claridade. O Barça na contra case logra o 2-1 con Sergio Lozano e Wilde como protagonistas pero Álex reivindicou o seu papel como actor principal. Finalmente chegouse ao descanso con empate (1-1) e na continuación mantíñase o discurso da primeira parte, dominio local e os burelaos defendendo con moitas axudas á espera de cazar á súa presa. A igualdade desapareceu tras unha acción de estratexia blaugrana, Dyego consegue finalizar no corazón do área laranxa un saque de esquina que supuxo o 2-1, minuto 23. O Barça apertou para intentar aumentar a súa renda pero o Burela Pescados Rubén mantivo o tipo e, aos poucos, sacudiuse a presión culé e no minuto 30 arriscou con porteiro xogador. A súa valentía obtivo o premio do empate por mediación de Antoñito que situaba o 2-2 no Palau. O atrevemento visitante activou a alarma blaugrana e Wilde sacou a relucir o seu repertorio na definición; primeiro cun potente disparo marcou o 3-2 e pouco despois cazou un rexeite que supuxo o 4-2, minuto 35. Os burelistas non baixaron os brazos e volveron sacar rendemento ao porteiro xogador, nesta ocasión foi Chino o encargado de finalizar a xogada. A uns corenta segundos para o desenlace o Burela Pescados Rubén situaba o 4-3 pero o Barça logrou defender a súa renda para acabar conquistando unha vitoria moi traballada ante un Burela que deixou unha gran imaxe no Palau Blaugrana.
Ficha técnica
FC Barcelona Lassa: Paco Sedano, Lin, Wilde, Sergio Lozano, Aicardo –cinco inicial- Dyego, Saad, Marc Tolrá, Ferrao, Gabriel.
CD Burela FS Pescados Rubén: Álex, Bellvert, Isi, Antoñito, Petry –cinco inicial- Iago Míguez, Chano, Chino, Carlitos, Renato.
Goles: 0-1, m.2, Bellvert; 1-1, m.11, Aicardo; 2-1, m.23, Dyego; 2-2, m.31, Antoñito; 3-2, m.33, Wilde; 4-2, m.35, Wilde; 4-3, m.40, Chino.
Árbitros: Díaz Rodríguez, García Hernández. Cartón amarelo a Isi do Burela Pescados Rubén e a Sergio Lozano no FC Barcelona Lassa.
Incidencias: Partido correspondente á 29ª xornada da Primeira División da LNFS disputado no Palau Blaugrana de Barcelona. 3261 espectadores.






















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
