O Presidente, Darío Campos Conde, reclamoulle este sábado de novo e publicamente ao Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, durante a clausura no Pazo de San Marcos do XXVIII Congreso da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, que “asinemos un convenio de colaboración, como facemos practicamente todos os días entre administracións públicas, para ofrecer prazas públicas da Xunta de Galicia nos centros de maiores públicos da Deputación de Lugo”. Campos Conde pediulle a Rey Varela que “non trates á Deputación de Lugo como unha entidade privada máis, obrigándonos a concorrer a un concurso público de prazas residencias e a competir con empresas privadas, tal como nos propuxeches onte”.
Campos Conde subliñou que “trátase dunha clara aposta polo público, pois entendo que entre administracións públicas debemos priorizar o público fronte ao privado. Debémosllo aos cidadáns, pois, ao fin llo cabo, todas as administracións públicas xestionamos cartos públicos de todos os cidadáns para garantir, como é o noso deber, que todos teñamos acceso a servizos públicos de calidade. Por todo elo, Conselleiro, como Presidente da Deputación de Lugo, representante e defensor dos intereses de todos os lucenses, hoxe a miña obriga é volver a pedirche colaboración para financiar con cartos públicos da Xunta de Galicia prazas públicas nas residencias e centros de día públicos da Deputación de Lugo en 13 Concellos desta provincia”.
“Un maior esforzo entre todas as administración públicas”
O Presidente apostou por “un maior esforzo entre todas as administracións públicas para, xuntos, ofrecer aos nosos maiores servizos sociais públicos que melloren a súa calidade de vida. Meréceno”. Neste senso, lembrou que “a Deputación está a invertir máis de 15 millóns de euros na construción e dotación das residencias e centros de día públicos. Os Concellos tamén están a colaborar con 200.000 euros, ao tempo que conceden os terreos necesarios e os servizos urbanísticos. Só nos falta a colaboración da Xunta. E podémola conseguir”, salientou.
Oportunidade única para ofrecer solucións
O Presidente remarcou que “a rede pública de centros de maiores da Deputación é unha oportunidade única para ofrecer unha solución aos nosos veciños. Construímos os centros nos Concellos porque os maiores, ademais de necesitar servizos sociais de calidade, tamén requiren, tal e como se dixo neste congreso, estar preto das súas casas e dos seus veciños para ser felices. Ademais, lamentablemente, moitos dos nosos maiores están sós e teñen unha pensión media de 600 euros, das máis baixas de España. Con estes cartos, é practicamente imposible, sen axuda das administracións públicas, acceder a unha a praza nun centro da terceira idade privado, cando o seu prezo acada os 1.500 euros. Conselleiro, esta é unha oportunidade única para demostrar que as administracións públicas ofrecemos solucións, como é a súa obriga e esencia”, insistiu.
Tras expoñer o anterior, Campos Conde explicou que “por todo isto, do que estou totalmente convencido, onte mesmo, lle pedín ao Conselleiro colaboración para financiar e priorizar prazas públicas da Xunta de Galicia nas residencias e centros de día públicos da Deputación de Lugo”, explicou.
Resposta do Conselleiro
Este sábado o Conselleiro non respostou e este venres a súa única resposta foi non a un convenio, cando a Xunta si asinou en 2012 e 2013, canto menos, e como é público e oficial, convenios coas Deputación da Coruña, Pontevedra e Ourense para financiar, cun total de 25 millóns de euros, servizos sociais e emprego para os cidadáns destas provincias. Á de Lugo non lle deu nin un só euro, “discriminando, claramente, aos lucenses”. Así llo trasladou onte Campos Conde.
O único ofrecemento que lle fixo onte Rey Varela a Campos Conde foi que a Deputación de Lugo concorrese xunto a empresas privadas a un concurso público de prazas, equiparando á administración pública aos entes privados. “Creo que hai espazo para todos”, dixo o Presidente.
Datos oficiais que corroboran que a Xunta prioriza a xestión privada
Segundo datos da Xunta de Galicia, publicados no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais, O 86,7% das prazas cofinanciadas pola Xunta en residencias de Concellos de menos de 20.000 habitantes son de xestión privada. As prazas residenciais que ofrece a Xunta en Concellos de menos de 20.000 habitantes suman un total de 961. Destas, 571 tenas concertadas en centros privados, 260 en centros públicos que xestionan empresas privadas e 130 son totalmente públicas.
A mesma fonte apunta que das 32 residencias que hai en Lugo, 24 son privadas. Dos 29 centros de día que hai na provincia, 13 son privados, 10 do Consorcio Galego de Benestar, que cofinancian Xunta e Concellos, 4 de distintos municipios e 2 da Xunta.
Déficit de prazas e ofrecemento público da Deputación
Segundo a OMS, a ratio de prazas residencias debe ser de 5 por cada 100 habitantes maiores de 65 anos. A ratio a nivel estatal é de 4,5 mentres en Lugo é de 3,5. Son necesarias un mínimo de 4.850 novas prazas residencias na provincia lucense para satisfacer este déficit social. A ONG tamén establece unha ratio de 2 prazas en centros de día por cada 100 maiores de 65 anos. Lugo necesitaría 1.940 e conta con 1.140, existindo un déficit de 800 prazas en centro de día.
A Deputación ten proxectada a construción de 13 residencias e centros de día públicos nos Concellos. Cada dotación social ofrecerá un mínimo de 30 prazas residencias e 20 nos centros de día. Serán, polo tanto, 390 prazas de residencia e 260 en centros de día. Este mesmo ano, o organismo provincial ten previsto abrir, sempre que a Xunta conceda as licencias legais imprescindibles, 5 centros para maiores públicos (A Fonsagrada, Castroverde, Trabada, Pol e Pedrafita do Cebreiro). Estas 5 instalacións sociais e públicas ofrecerán un mínimo de 250 prazas (150 residenciais e 100 nos centros de día. A súa posta en marcha xerará un mínimo de 50 novos empregos a través da contratación de persoal especializado para a atención dos maiores, ao tempo que manterá ducias, dinamizando a economía local dos Concellos.
De novo cambio de criterio e trabas
Onte o Conselleiro tamén dixo que para poder concorrer a este concurso a Deputación tiña que inscribir a Suplusa como entidade prestadora de servizos. Isto, ademais de supor unha traba porque require tempo polos trámites, conleva un total cambio de parecer por parte da Xunta. Cómpre lembrar que hai 5 anos, a Xunta lle dixo a Deputación o contrario. É dicir, que tiña que inscribir á Deputación como entidade prestadora de servizos e non a Suplusa, como tiña xa feito o organismo provincial. A Deputación fixo o cambio, tal e como lle pediu a Xunta. E agora, volver a cambiar de novo o seu criterio.
O Conselleiro só se comprometeu onte a axilizar a concesión dos PIA, que é o permiso de inicio de actividade que ten que conceder a Xunta á Deputación para poder poñer en marcha os seus centros para a terceira idade, cando o organismo provincial leva máis de 6 meses esperando polas da Fonsagrada e Castroverde.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



