Burela, 3 de maio de 2016.- A Fundación Imdecum (Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña) presentou na mañá deste martes en Burela a quinta edición do Torneo de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum, que en 2016 amplía horizontes, con nova sede na Coruña, e estrea nomenclatura, como Torneo Heroes do Orzán, “Memorial Rodrigo Maseda Lozano, Javier López López e José Antonio Villamor Vázquez” (29 de xuño-3 de xullo) en lembranza tamén dos outros dous policías que faleceron xunto a Rodrigo nos traballos de rescate na praia herculina en 2012.
O salón de plenos do consistorio acolleu o acto, no que o presidente da fundación, Marcelino Luna, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, estiveron acompañados polo concelleiro de Deportes local, Ramiro Fernández, e os seus homólogos de Cervo e Viveiro, José Ramón Soto e Emilio Villarmea, colaboradores no torneo ademais dos municipios de Foz e Xove; tamén asistiu o director técnico deportivo de Imdecum, Alfonso Mera.
Marcelino Luna destacou o gran salto que dará o torneo en 2016 con diferentes novidades. “É unha edición moi especial para nós, cumprimos cinco anos cunha traxectoria en continuo crecemento. En 2015 debutou a categoría prebenxamín e sumouse o municipio de Viveiro e este ano damos un paso máis. Honraremos a memoria dos tres Heroes do Orzán incluíndo a sede da Coruña, onde estaban destinados Rodrigo e os seus compañeiros; alí estrearemos competición paralela nas categorías femininas Sub-16 e Sub-19”, adiantaba o presidente de Imdecum, incidindo na grande expectación que xa está xerando o Memorial 2016 entre clubs de toda España: “Xa amosaron o seu interese equipos de Madrid, Asturias, Castela e León e de todas as provincias galegas; unha perfecta mostra do bo funcionamento do torneo é que temos clubs que repiten a súa presenza ano tras ano. Este verán o Memorial traerá máis de 700 rapaces/as coas súas familias; sobre 600 participarán e aloxaranse na Mariña, con 4 días de competición, 1 día máis ca en edicións anteriores” adiantaba así Marcelino Luna, que non quixo pechar a súa intervención sen mostrar o agradecemento da Fundación ás familias de Rodrigo Maseda, Javier López e José Antonio Villamor, ademais das institucións colaboradoras: “Para nós é un auténtico privilexio poder difundir o legado de Rodrigo e dos seus compañeiros; son todo un exemplo para a xuventude”.
Pola súa banda, Alfredo Llano aplaudiu o traballo de Imdecum na formación de base: “Para Burela é un pracer colaborar con esta iniciativa e seguirémolo facendo sempre en todo o que poidamos para axudar a que siga medrando como o está facendo”. Dende Cervo e Viveiro, José Ramón Soto e Emilio Villarmea referendaron o apoio á cita.
Inscrición aberta ata o 6 de xuño
Ata o luns 6 de xuño os equipos que así o desexen poderán formalizar a súa inscrición para o Memorial. Ao longo de catro xornadas, un día máis ca en edicións anteriores, A Mariña acollerá a ilusión futbolística das categorías prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil, nos pavillóns municipais de Viveiro e Xove, A Veiga (San Cibrao), Marzán (Foz) e Monte Castelo e Vista Alegre (Burela). A nova sede, a coruñesa, albergará a competición nas categorías Sub-16 e Sub-19 femininas.
Durante o torneo e coincidindo co grande ambiente da Festa Castrexa en Burela, a organización tamén lles ofrecerá aos rapaces/as unha programación lúdico-deportiva complementaria, con inchables, e visitas guiadas ao barco-museo Reina del Carmen de Burela e o Museo do Mar de San Cibrao, ademais de ter a posibilidade de usar as instalacións de Activity Center e do complexo deportivo da Marosa, na vila burelense. Xogadores/as e familiares poderán gozar dunha completísima oferta turística ao longo da Mariña e da Coruña.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
