Lugo, 16 de maio de 2016.- A presidenta do Partido Popular de Lugo, Elena Candia, desenvolverá unha campaña electoral para os próximos comicios do 26 de xuño baseada na proximidade, na sensibilidade e no compromiso coa xente. A responsable política asiste este luns en Santiago á reunión do Comité Executivo de Galicia.
Candia quere estar ao carón dos veciños da provincia e recibir directamente as súas inquedenzas e necesidades mantendo así o compromiso adquirido cando foi elixida presidenta do PP na provincia de Lugo.
“Eu sempre estarei ao servizo dos cidadáns. O que me preocupa é axudar a solucionar os problemas de cada persoa que sofre ou que ten unha necesidade”, engade.
Ao longo das dúas semanas previas aos comicios Candia vai participar en tres mitins no norte, centro e sur da provincia, nos que quere transmitir que o seu propósito principal é “falar coas persoas sen intermediarios, poder miralos á cara, poñerme á súa disposición e tratar de solucionarlles os seus problemas”.
Dentro desta campaña de proximidade a presidenta provincial do PP vai manter reunións sectoriais cos gandeiros, colectivo co que se sente especialmente comprometida pola difícil situación que está atravesando. Tamén traballará estreitamente coa xente do mar, á que sempre estivo moi vencellada, e coas asociacións de empresarios, cos que quere manter unha colaboración estreita e permanente pola súa labor de dinamizadores económicos capaces de fixar poboación no rural.
Os colectivos sociais tamén estarán moi presentes na axenda e no programa de Elena Candia, en sintonía coa liña de traballo que marcou logo da súa chegada á presidencia provincial do partido e que pretende seguir ao longo de todo o seu mandato. “Vou ser moi sensible coas persoas que teñen necesidades especiais. Quero que saiban que neste partido sempre defenderemos os seus dereitos”.
Os sindicatos de estudantes, os colexios profesionais e as asociacións deportivas, serán colectivos cos que Candia tamén manterá reunións de traballo nas próximas semanas para recibir de primeira man os seus problemas e achegar propostas para solucionalos. “Estarei alí onde sexa útil. Non vou evitar os temas máis difíciles, ao revés, canto maior sexa o problema máis traballarei para solventalo”, conclúe.
Comité Electoral
Presidente: Antonio Basanta Fernández
Secretario: Juan Carlos Armesto Quiroga, secretario xeral
Vocales:
Elena Candia López, Presidenta Provincial
Ramón Carballo Páez, Vicepresidente Provincial del Partido
Daniel Vega Pérez, Secretario de Organización
José Ángel Santos Sánchez, Vicesecretario de Acción Electoral
Margarita López Blanco, Vicesecretaria de Comunicación
Enrique Rozas López, Vicesecretario de Mediación Social
José Manuel Balseiro Orol, Coordinador da Mariña
Agustín Baamonde Díaz, Coordinador de a Terra Chá
Rosa Arza Rodríguez, Presidenta de Nuevas Generaciones
Juan Carlos Serrano López, Alcalde de Portomarín



















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



