Lugo, 16 de maio de 2016.- O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, xunto co Deputado- Delegado da Área de Innovación e TIC´s, participación cidadá e transparencia da Deputación, Pablo Rivera e Raúl José Veiga Lamelas, Presidente da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e coordinador da Xornada, participaron na presentación da Xornada de Urbanismo na Provincia de Lugo que organiza a Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación, que se celebrará durante toda a xornada do martes 31 de maio no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
Antonio veiga sinalou que “esta Xornada de Urbanismo pretende aclarar a cidadanía de como lles afectará a aprobación da nova Lei 2/2016 do Solo de Galicia e intentará dar resposta a través dos diversos relatores, ben sexan arquitectos ou xuristas de recoñecido prestixio de interrogantes coma cal será o futuro das explotacións e instalacións de apoio a actividade agropecuaria ou que actuacións deben acometer os concellos ante as novas competencias asumidas no ámbito das autorizacións en solo rústico”, neste senso o Vicepresidente afondou en que “unha Lei do Solo non debe provocar unha inseguridade xurídica e por outra banda debe ser quen de protexer o territorio o mesmo tempo que facilita a actividade agraria, debe por fin a especulación e favorecer a rehabilitación”.
O Deputado- Delegado da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos remarcou que unha Lei do Solo ten que dar solución de forma clara e estrutural a problemática da regulación das diversas explotacións agrarias así como a totalidade das edificacións existentes no chan rústico, as segregacións ou os casos que quedan fóra de ordenación, neste senso indicou que a nova lei 2/2016 nace morta posto que recupera o modelo de regulación liberalizador que tanto dano medioambiental e social creou no País ao tempo que non se preocupa do futuro do sector agropecuario, deixando en precario e atados de pés e mans a milleiros de titulares de explotacións agropecuarias que verán un novo atranco nas súas proxeccións de futuro.
Finalmente Antonio Veiga convidou a unha participación masiva das persoas e colectivos vinculados o sector primario, especialmente ao sector agropecuario, pois “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo queremos escoitar tamén a voz dos moitas veces silenciados gandeiros e labregos, para que podan trasladar ós relatores as súas dúbidas e tamén para dar conta das súas necesidades específicas”.
Pablo Rivera explicou que a Lei do Solo vai supoñer un impacto importantísimo en moitos Concellos, xa que é un dos elementos que cuestiona é que as administracións públicas , e os propios promotores, poidan quedarse co 100% do aproveitamento urbanístico en lugar de ceder o 10% aos propios Concellos en chan urbanos non consolidados. E no que se refire aos urbanizables, cando se trata de desenvolver vivendas de protección ou financiar infraestruturas.




















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



