A Mariña, 16 de maio de 2016.- O novo coordinador comarcal dos populares, José Manuel Balseiro, asegurou este luns que os insultos que contra el dirixen desde o PSOE amosan o nerviosismo socialista ante un proxecto –o do Partido Popular da Mariña lucense- que fortaleceuse como resultado do Congreso celebrado no día de onte.
Balseiro está convencido de que no PSOE da Mariña están temerosos de seguir “en caída libre” e por iso reaccionan con tanta agresividade ante un Partido Popular que toma a iniciativa para traballar en defensa desta comarca e dos seus veciños.
Lembra o dirixente popular que os socialistas nas últimas eleccións xerais obtiveron os peores resultados electorais da súa historia nesta comarca, e que todo a punta a que están temerosos ante a posibilidade de que o 26J continúen desplomándose.
Balseiro indica que o PSOE da Mariña, tan pouco afeito á democracia interna, non acaba de asimilar que os populares lideren un proxecto de elección directa dos seus dirixentes, en contraste cos dedazos que o PSdeG empregou par designar á súa Executiva provincial e comarcal, e incluso ao seu deputado autonómico.
Balseiro di tamén que é curioso que os socialistas aseguren que A Mariña non ten ningún peso no PP, cando unha alcaldesa da zona é a presidenta provincial, e bisbarra recibe o maior investimento da Xunta na provincia, con orzamentos infinitamente superiores aos que existían co bipartito.

















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



