Outeiro de Rei, 16 de maio de 2016.- A comisión executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) vén de escoller a Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei para celebrar unha xuntanza de traballo deste organismo o vindeiro mércores 18 de maio ás 12.30 da mañá. A institución supramunicipal galega quere así sumarse ás homenaxes que se están a tributar desde multitude de ámbitos do pobo galego ao escritor a quen este ano se dedican as Letras Galegas.
Previamente á xuntanza de traballo, os membros da executiva da FEGAMP farán unha visita guiada á Casa-Museo ás 11.30 da mañá. Nela as alcaldesas e alcaldes que fan parte do organismo coñecerán distintos aspectos da traxectoria vital e do compromiso cívico que Manuel María mantivo sempre con Galiza, coa súa lingua e coa súa cultura e con todas as causas que el considerou xustas no tempo histórico que viviu; unha consciencia ética plenamente retratada nunha moi extensa obra literaria, composta por máis dun centenar de títulos, que no percorrido pola casa natal do escritor tamén poderán coñecer.
A FEGAMP asinou un convenio de colaboración coa Casa-Museo Manuel María para contribuír á difusión e coñecemento da figura e da obra do escritor desde un ámbito tan importante e privilexiado como o dos concellos, que ao seren as institucións máis próximas á veciñanza son tamén as que desenvolven o maior número de actividades ou iniciativas que permiten achegar a Manuel María aos públicos máis diversos.
A visita das alcaldesas e alcaldes que integran o organismo de goberno da FEGAMP redundará tamén para que logo a veciñanza dos seus respectivos concellos poida coñecer a Casa-Museo a través da programación de visitas como as que, de feito, moitos municipios xa están a organizar.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



