Burela, 7 de xuño de 2016.- O vindeiro sábado, 11 de xuño, terá lugar na praza da Mariña unha xornada solidaria Por un mundo sen muros “para axudar na situación que está a vivir Siria nestes momentos”, segundo explica a concelleira de Inmigración e Cooperación, Angélica Gómez.
Ao longo do día haberá diversas actividades como manualidades infantís e confección dun mural a partir das 10:30 horas; xogos infantís, pintacaras… amenizados por Medio Quinhón ás 16:00 horas. A sesión vermú, prevista para as 12:30 horas, estará amenizada por Batuko Tabanka e Rabentola. Por esta xornada tamén pasará o Mago Senín a partir das sete da tarde. Xa ás 20 horas terá lugar unha charla coloquio Refuxiados Sirios, ofrecida polo voluntario Óscar Palleiro e a continuación música co gaiteiro David Bellas coa súa peza Lamento por Siria. E xa ás 22:00 horas haberá Foliada cos grupos Ledicia e Timbais.
Angélica Gómez sinala que “durante todo o día haberá un mercadiño solidario, recollida de material (roupa non), doazóns económicas, que irán destinadas aos custes de envío e compra de alimentos frescos”.
A edil socialista agradece “a todos e todas as artistas e voluntarios o seu entusiasmo e a súa colaboración neste proxecto”.
Emigrantes retornados
Por outra banda, o Programa de Atención a Inmigrantes da Concellería de Inmigración e Cooperación informa que ata o 31 de agosto está aberto o prazo para solicitar a axuda da Secretaría Xeral de Emigración para Emigrantes Retornados/as emprendedores/as, axudas que son compatibles coas que ofrece a Consellería de Economía, Emprego e Industria e Igape. Esta convocatoria é unha oportunidade importante para todos aqueles que queiran situar fisicamente a súa empresa en Galicia.
























A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



