SANTIAGO .- Portos de Galicia, a través do Programa de Investimentos en obras Menores (PIM), e no seu compromiso de mellorar a seguridade nas instalacións portuarias, está levando a cabo, como unha das medidas anunciadas polo ente público, a instalación de cámaras con conexión remota nos portos de Burela e Celeiro.
Con esta iniciativa o ente público ten previsto dotar ás instalacións portuarias de modernos sistemas de videovixilancia e control. Neste senso, o sistema de seguridade por medio de cámaras de televisión consiste na colocación de catro elementos no porto de Celeiro e seis no de Burela, emprazados en lugares estratéxicos.
No porto de Burela as cámaras estarán colocadas na explanada, fronte a oficina de Portos de Galicia, tamén na zona de atracada da lonxa, na súa parte trasera e na zona comercial e, en Celeiro, estarán instaladas nas zonas de atracada, explanadas e zona da lonxa, entre outras.
Coa colocación destas cámaras nos portos de Burela e Celeiro a seguridade e vixilancia nocturna e diúrna das instalacións portuarias durante as 24 horas do día se verán melloradas mediante este sistema de vixilancia e control de tal modo que estes portos sexan seguros e non se produzan actos que atenten contra a integridade dos barcos e das persoas.
Cada cámara posúe un movemento de 360 graos para poder percorrer todo o entorno destinado a súa vixiancia, ademais todas as instalacións estarán dotadas de videograbador que recollerá e gardará as imaxes. Por outra banda, no caso de que existan zonas denominadas “escuras” Portos e Galicia ten prevista a colocación de mais elementos de videovixiancia para cubrir así todas as necesidades.
Está actuación forma parte do “Programa de servizos tecnolóxicos: Proxecto de instalación de sistemas de videovixiancia, control de accesos e wifi en instalacións pesqueiras” consistente nun sistema de control de accesos e sistemas de videovixiancia para instalacións e pantaláns coa colocación de cámaras móbiles, control de accesos e puntos de acceso da rede wifi.



























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



