Burela, 20 de xuño de 2016. A Concellería de Medio Ambiente advirte aos propietarios de solares e terreos en Burela da súa obriga de telos en perfectas condicións, libres de maleza e de residuos. No Concello recibíronse moitas queixas pola invasión da vexetación, que nalgunhas zonas invade as beirarrúas e as vías públicas.
A edil Noelia Mª Ben lembra que “desde o Concello xa lle remitimos notificacións aos propietarios dos solares para que os seguen e retiren a maleza, que nalgúns casos está a invadir a vía pública ou as fincas próximas. Queremos ter o noso pobo o máis limpo posible e ofrecer a mellor imaxe para os vivimos aquí e tamén para os que nos visitan”.
A concelleira de Medio Ambiente sinala que “foron moitas as queixas veciñais que recibimos nas últimas semanas sobre a maleza que invade as beirarrúas nalgúns puntos de Burela así como a presenza de ratas nalgunhas zonas”.
No Concello agardan que “todo o mundo responda á nosa chamada e que cumpran coas súas obrigas. De non ser así veremos na obriga de aplicar a normativa municipal vixente, que leva aparelladas multas para os que a incumpran”.
A ordenanza municipal de medio ambiente recolle que “os propietarios de solares e terreos deberán mantelos limpos, libres de residuos e nas debidas condicións de hixiene, salubridade, seguridade e ornato público. Esta obriga inclúe a esixencia de desratización e desinfección dos solares”. A normativa di que “desde os solares particulares non poderá sobresaír á vía pública ningunha clase de maleza, mirtos, matogueiras ou outra clase de vexetación” e que “os propietarios de solares ou terreos que linden coa vía pública deberán valalos con cerramentos situados na aliñación oficial, construídos con materiais que garantan a súa estabilidade e conservación, e respectando en canto a estas condicións e á súa altura a normativa urbanística do Concello”.
Os edís de Medio Ambiente e Turismo, Noelia Mª Ben e Ramiro Fernández Rey, subliñan que “o Concello poderá ordenar a execución deses traballos de limpeza por motivos de interese estético ou de hixiene, con cargo ao propietario e sen prexuízo das sancións correspondentes”.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



