Lourenzá, 20 de xuño de 2016. O Mago Antón ofrecerá 5 actuacións este venres, día 24, no seu auditorio móbil, que estará instalado na Praza César Chavarría, de Vilanova de Lourenzá. As funcións serán a estas horas: 13:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00. En cada sesión hai capacidade para unhas 70 persoas e a entrada é gratuíta. Esta actividade encádrase dentro do programa Cultura no Camiño, que pon en marcha a Xunta de Galicia a través do AGADIC. A Concellería de Cultura laurentina anima a asistir a este espectáculo e a gozar dunha tarde de ocio e maxia da man do Mago Antón.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



