Cervo, 23 de xuño de 2016.- O Club Deportivo San Ciprián, a través da súa sección de piragüismo, organiza a IV Regata San Cibrao-Cervo no Embalse de Río Cobo o día 2 de xullo, sábado, a partir das 10 da mañá. O evento foi presentado nun acto que contou coa participación do alcalde cervense, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; un dos adestradores do Club Deportivo San Ciprián, Javier García; e varios nenos e nenas que practican o piragüismo nesta entidade.
José Ramón Soto explicou que “como non pode ser de outro xeito, o Concello de Cervo colabora coa sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián na organización de esta proba, que se disputará o sábado 2 de xullo a partir das 10:00 horas no Embalse de Río Cobo. A proba está patrocinada pola Deputación Provincial de Lugo, coa colaboración do noso Concello, e da Cruz Vermella. Nesta regata participan os seis equipos da nosa provincia, que son: Club Fluvial de Lugo, Club de Piragüismo Cidade de Lugo, Piragüismo Altruán, de Ribadeo; Kayak de Foz, Piragüismo Viveiro e, por suposto, o club local, de San Ciprián. Temos unha estimación de 200 palistas repartidos entre as categorías de benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, sénior e veteranos. A primeira proba dará comezo as 10 da maña e nela participarán os máis pequenos da competición, que son os benxamíns e alevíns, mesturados nenos e nenas”.
O edil de Deportes engadiu que “o Concello de Cervo hai pouco cedeu dúas piraguas para o club de piragüismo de San Ciprián coa intención de que os nenos do noso concello poidan gozar deste deporte. A sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián leva xa moitos anos dedicándose a fomentar o deporte base na especialidade do piragüismo con nenos e nenas a partir dos 7 anos. Actualmente conta con tres adestradores titulados que se encargan de coordinar as distintas categorías. O Concello de Cervo é consciente do labor altruísta que os responsables da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián levan a cabo durante gran parte do ano con nenos e nenas e por iso dende o Concello queremos contribuír aportando axudando para que isto se poida levar a cabo. E aproveitamos para invitar a todos os nosos veciños e visitantes que se queiran acercar ao Embalse de Río Cobo a presenciar estas probas, xa que todas elas son de carácter gratuíto”.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
